Nicolas Lake Scott "Nick" Minnerath, nado o 11 de agosto de 1988 en Cody, Wyoming, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga no Shabab Al Ahli. Cunha estatura de 2,06 metros xoga na posición de ala-pivote.

Traxectoria profesional Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2013, Minnerath uniuse ós Sacramento Kings para xogar a Liga de Verán da NBA de 2013. O 30 de agosto de 2013, asinou un contrato dunha tempada co Obradoiro CAB da Liga ACB. O 13 de xaneiro de 2014 deixou o Obradoiro tras 15 partidos xogados, nos que fixo 6.0 puntos e 2.2 rebotes por encontro.

O 28 de setembro de 2015, Minnerath asinou cos Cleveland Cavaliers. Foi cortado polos Cavaliers o 22 de outubro de 2015 tras participar en tres partidos de pretempada.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Eurobasket.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Wyoming Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do STB Le Havre Categoría:Xogadores do Cholet Basket Categoría:Xogadores do BC Avtodor Saratov Categoría:Xogadores dos Shanghai Sharks Categoría:Xogadores dos Xinjiang Flying Tigers‎ Categoría:Xogadores dos Leones de Ponce