miniatura|225px|Raphicerus melanotis macho miniatura|225px|Raphicerus sharpei femia Raphicerus é un xénero de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos, que comprende tres especies de pequenos antílopes africanos,Raphicerus en MSW.Raphicerus C. H. Smith, 1827 no ITIS. ou catro, segundo algúns autores.

Características Son antílopes de pequeno tamaño, como todos os da tribo dos neotraguinos, (denominados antilopes ananos), de pelaxe parda clara amarelada (rubia), orellas grandes con relación ao seu tamaño, coa parte anterior, cóncava, branca, cola diminuta, e cornos pequenos, finos, rectos e paralelos, presentes só nos machos.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1827 polo militar e naturalista británico, nado en Flandres oriental (Bélxica), Charles Hamilton Smith, en Griffith et al., Animal Kingdom, 5: 342.

Clasificación Como quedou dito, a maioría dos aurores recoñecen no xénero tres especies, coas subespeies que se citan a continuación:Raphicerus campestris (Thunberg, 1811) no ITIS.

Xénero Raphicerus Raphicerus campestris C. H. Smith, 1827 Raphicerus campestris campestris (Thunberg, 1811) Raphicerus campestris capricornis Thomas e Schwann, 1906 Raphicerus campestris kelleni (Jentink, 1900) Raphicerus campestris neumanni (Matschie, 1894) Raphicerus melanotis (Thunberg, 1811) Raphicerus sharpei Thomas, 1897

Porén ultimamente algúns autores, como Colin P. Groves, inclúen unha cuarta: Raphicerus colonicus (Thomas & Schwann, 1906)Raphicerus colonicus Thomas & Schwann, 1906 en Sistemática dos bóvidos (Stefan Hintsche, 2014), en stco.de

considerada por algúns autores como a subespecie Raphicerus sharpei colonicus Thomas & Schwann, 1906.

Especie fósil Ademais das sinaladas tamén de coñece unha especie fósil, do plioceno tardío temperán de Suráfrica, Raphicerus paralius, descrita polo paleontólogo británico Alan W. Gentry, que traballou con Louis S. B. Leakey, do Centro para a prehistoria e a palaeontoloxía de Nairobi (Kenya), en 1980.<ref>Gentry A. W. (1980): "Fossil Bovidae (Mammalia) from Langebaanweg, South Africa". Annals of the South African Museum, 79 (8): 213-337.</ref>† Raphicerus paralius Gentry 1980 en Fossilworks.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A. Groves, Colin P. & Grubb, Peter (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8. Groves, Colin P. et al. (2011): "Family Bovidae (Hollow-horned rumiants)". En: Wilson, D. E. & Mittermeier, R. A. eds (2011): Handbook of the Mammals of the World. Volume II. Hoofed Mammals. Barcelona: Lynx edicions. ISBN 978-84-96553-77-4. Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2. VV.AA. (1986): Natura. Enciclopedia de los animales. Tomo II. Los primates. Los ungulados. Barcelona: Ediciones Orbis, S.A. ISBN 84-7634-752-9. Wilson, D. E., & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference'' (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos Bóvidos Antílopes Antilopinos Neotraguinos

Ligazóns externas Raphicerus. Grysboks and steenbok na ADW. Raphicerus. Steenboks na EOL.

Categoría:Antílopes Categoría:Mamíferos de África