A diosxenina é un fitosteroide sapoxenina, que é o produto da hidrólise por ácidos, bases fortes ou encimas de saponinas, extraído de tubérculos de Dioscorea, como a variedade africana kokoro. O produto sen azucres (aglicona) de tales hidrólises, a diosxenina, é utilizada para a síntese comercial da cortisona, pregnenolona, proxesterona e outros produtos esteroides.
Fontes
Está presente en cantidades detectables en Costus speciosus, Smilax menispermoidea, especies dos xéneros Paris, Aletris, Trigonella e Trillium, e en cantidades extraíbles en moitas especies de Dioscorea, como D. althaeoides, colletti, composita "Dioscorea composita". Germplasm Resources Information Network (GRIN). Agricultural Research Service (ARS), United States Department of Agriculture (USDA). Retrieved 2008-09-14., floribunda, futschauensis, gracillima, hispida, hypoglauca, mexicana "Dioscorea mexicana". Germplasm Resources Information Network (GRIN). Agricultural Research Service (ARS), United States Department of Agriculture (USDA). Retrieved 2008-09-14., nipponica, panthaica, parviflora, septemloba e zingiberensis.
Usos industriais
A diosxenina é un precursor de varias hormonas humanas, empezando co proceso de degradación de Marker, que inclúe a síntese de proxesterona. O proceso foi utilizado nos métodos de fabricación iniciais de pílula contraconceptiva oral combinada.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Esteroides