Cristina García Rodero, nada o 14 de outubro de 1949 en Puertollano (Provincia de Cidade Real), é unha fotógrafa española. Membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e a primeira e única persoa de nacionalidade española integrante de Magnum Photos. Traxectoria Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid, comezou a súa carreira docente no ano 1974 dando clase de debuxo na Escola de Artes e Oficios de Madrid. En 1983 comezou a impartir clases de fotografía na Facultade de Belas Artes na UCM, que seguiu realizando ata 2007.
Traxectoria artística As súas primeiras obras apareceron nos concursos universitarios a finais da década de 1960. En 1973 comezou a fotografar costumes e festas por toda España, para o que recibe unha bolsa de estudos. Máis tarde realizou reportaxes sobre tradicións en diferentes países.
En 2005 conseguiu entrar a formar parte da axencia de fotoxornalismo Magnum Photos, sendo a primeira e única persoa española en conseguilo.
O 18 de febreiro de 2013, en Sesión Plenaria Extraordinaria celebrada pola Real Academia de Belas Artes de San Fernando, foi elixida como Académica de Número para a sección de Novas Artes da Imaxe, ocupando a medalla vacante que posuíra Luis García Berlanga.
No 2019 foi elixida académica de honra da Real Academia Galega de Belas Artes.
Libros publicados
España oculta, Ed. Lunwerg S.L., Barcelona, 1989 Grabarka, o monte das 600 cruces: unha peregrinación ortodoxa en Polonia, Ed. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2000 Lo Festivo y lo Sagrado, Ed. Consellería de Cultura da Comunidade de Madrid, Madrid, 2001 Cristina García Rodero, Ed. La Fábrica, Madrid, 2004 A peregrinación a Santiago en Haití, Ed. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2004 Benicàssim. El Festival, Ed. ACTAR, Barcelona, 2007 Trastempo, Ed. La Fábrica, Madrid, 2010 Lalibela, Ed. La Fábrica, Madrid, 2017
Museo Cristina García Rodero O 12 de setembro de 2018 inaugurouse na súa vila natal o Museo Cristina García Rodero, o primeiro centro adicado a unha fotógrafa. O espazo alberga unha sala permanente con obras da propia artista.
O museo atópase nas instalacións do antigo Museo Municipal e foi financiado polo Concello de Puertollano, a Xunta de Castela-A Mancha e a Deputación de Cidade Real.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Cristina García Rodero , na páxina web de Magnum Photos .
Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Puertollano Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Fotógrafos de España Categoría:Fotógrafos de Magnum Photos Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Académicos da Real Academia de Belas Artes de San Fernando Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes