Eladio Cuíña Crespo, nado en Prado (Lalín) en 1952, é un empresario galego.

Traxectoria Irmán de Xosé Cuíña Crespo. Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi cofundador, xunto co seu irmán Ramón, da empresa Inasus S.L.da que chegou a ser director xeral.

En 1978, pasou a ser directivo do holding empresarial familiar Grupo Aurela -creado polos irmáns Ramón e por Xosé Cuíña en 1970- formado por Inasus, Metaldeza, Aurela Energías e Aurela Inmobiliaria 2001 e que compartiu a un 50% co seu irmán Ramón.

Foi representante da Deputación de Pontevedra no consello de administración da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra (1988). Foi nomeado comendador do Cocido en 2015. En maio de 2017 anunciou a súa retirada dos negocios. Foi presidente do Club Balonmán Lalín (1984).

Vida persoal

Casou con Ana María Fernández Asorey e ten dous fillos, Alberto e Lucia.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Entrevista - Eladio Cuiña Crespo, director general y fundador de INASUS

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1952 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes