O Centro de investigación de Langley (en inglés: "Langley Research Center") (LaRC), é o máis antigo dos centros da NASA, atópase en Hampton, Virxinia, nos Estados Unidos de América. Está situado preto de Poquoson, Virxinia e da Base aérea de Langley. Aínda que o LaRC especialízase en investigacións aeronáuticas, o Módulo lunar do Apolo foi ensaiado en canto á súa capacidade de voo neste centro e varias misións espaciais de importancia foron planificadas e deseñadas neste centro.

Historia Fundado en 1917 polo Comité Asesor Nacional para a Aeronáutica, dous terzos dos programas do centro concéntranse na aeronáutica, e o resto no espazo exterior. Os investigadores do LaRC dispoñen de máis de 40 túneles de vento para estudar deseños de avións e naves espaciais máis seguros, con mellor eficacia e eficiencia. Entre 1958 e 1963, cando a NASA comezou o Proxecto Mercury, no LaRC atopábase a oficina principal do Space Task Group, dita oficina trasladouse entre 1962-63 ao Manned Spacecraft Center (actualmente o Lyndon B. Johnson Space Center) en Houston.

Véxase tamén

Outros artigos Enxeñaría aeroespacial TsAGI Kitty Joyner

Ligazóns externas Páxina web do Langley Research Center Colección dos arquivos de Langley en Cultural Resources Geographical Information Systems (CRGIS), NASA James R. Hansen: Spaceflight Revolution: NASA Langley Research Center from Sputnik to Apollo (NASA SP-4308, 1995)

Categoría:NASA