alt=Estatua de Antonio Gandoy, feita por Puchades, en Lugo|miniatura|Estatua de Antonio Gandoy, feita por Puchades, en Lugo (2004) Juan Bautista Puchades Quilis, nado en Valencia o 16 de marzo de 1934, é un escultor residente en Mondoñedo. Traxectoria Estudou Belas Artes na Escola Superior de S. Carlos de Valencia, rematando en 1958. Chegou a Mondoñedo en 1960, como profesor no Instituto San Rosendo. En Mondoñedo casou coa súa muller, Alicia. Dende o ano 1970 é catedrático de debuxo. Como escultor, investiga as posibilidades do ferro; realiza esculturas con este material, con madeira, con pedra e bronce'Aproximación a la escultura contemporánea', Un. de Vigo http://www.investigo.biblioteca.uvigo.es/xmlui/bitstream/handle/11093/685/Aproximaci%c3%b3n_a_la_escultura_contempor%c3%a1nea.pdf.

Pertenceu ó grupo Los Urogallos, fundado en 1962, e foi asemade cofundador do Grupo Artístico e Cultural O Feitizo - Amigos das Artes (1977) e O mundo da Galea (1999).

En 2011 foi nomeado fillo adoptivo do concello de Mondoñedo.

Obra

Exposicións Oviedo, 1966 Vigo, 1977 Rathaus Murten, Suíza, 1978 A Coruña, 1980 Lugo, 1980 Getafe, 1991 Mar, Viveiro 2018 Modelando Vidas. Museo Provincial de Lugo, 2018

alt=Imaxe de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo, de Puchades.|miniatura|Imaxe de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo, de Puchades (1991) Certames Mestre Mateo (Santiago - 1971) Nacional de Pequeña Escultura (Valladolid - 1972) Segorbe (Castelló - 1974) Nacional de Escultura y Pintura (Madrid - 1975) Bimilenario (Lugo - 1976) III Bienal de Escultura (Sarria - Lugo - 1977) II Bienal de Escultura (Vilanova da Cerveira - Portugal - 1980) Salón de Primavera (Valencia - 1981) Bicentenario de Nobles y Bellas Artes S. Eloy (Salamanca - 1984) Centro Internacional de Arte Contemporánea do Salón das Nacións Unidas (París - 1984)

Obras individuais Monumento ós Caídos de Lugo (1962)

Premios 1º Premio en Mestre Mateo. 1º Premio de Segorbe. 1º Bimilenario de Lugo. 1º da III Bienal de Sarria.

Notas

Ligazóns externas Bibliografía en PintoresGallegos.com .

Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en Valencia Categoría:Nados en 1934 Categoría:Personalidades sen imaxes