Thomas Horsfield, nado en Bethlehem (Pensilvania) o 12 de maio de 1773, e finado en Londres o 14 de xullo de 1859, foi un médico e naturalista estadounidense. Traxectoria Horsfield estudou medicina na Universidade de Pensilvania.Horsfield, Thomas (1773-1859), physician and naturalist por D. T. Moore, en Dictionary of National Biography online (Consultado o 7 de decembro de 2018) Traballou como médico en Xava durante moitos anos. Despois de que a Compañía Británica das Indias Orientais conquistara a illa aos neerlandeses, en 1811, Horsfield comezou a coleccionar plantas e animais para o seu amigo Thomas Stamford Raffles. En 1819 debeu abandonar a illa debido a problemas de saúde, instalándose en Inglaterra, chegando a ser conservador do Museo da Compañía Británica das Indias Orientais, en Londres.
Foi secretario axudante da Sociedade Zoolóxica de Londres, cando se fundou en 1826.
Horsfield escribiu, entre outras obras, Zoological Researches in Java and the Neighbouring Islands (1824). Así mesmo, clasificou varias especies de aves e mamíderos xuntamente co seu amigo Nicholas Aylward Vigors.
O seu traballo máis notábel foi "A description of the Australian birds in the collection of the Linnean Society; with an attempt at arranging them according to their natural affinities", publicado en 1927 en Trans. Linn. Soc. Lond..
Especies desdicadas Various autores dedicaron numerosas especies a Horsfield, entre elas: Un esquío: Iomys horsfieldii (Waterhouse, 1838) por George Robert Waterhouse (1810-1888). Dous morcegos: Myotis horsfieldii (Temminck, 1840) por Coenraad Jacob Temminck. Cynopterus horsfieldi Gray, 1843 por John Edward Gray (1800-1875). Unha musaraña : Crocidura horsfieldii (Tomes, 1856) Unha tartaruga : Testudo horsfieldii Gray, 1844 por John Edward Gray (1800-1875). Tres aves: Myiophonus horsfieldii Vigors, 1831 por Nicholas Aylward Vigors (1785-1840). Pomatorhinus horsfieldii Sykes, 1832 por William Henry Sykes (1790-1872) Zoothera horsfieldi (Bonaparte, 1857) por Charles Lucien Bonaparte (1803-1857).
Así mesmo, un xénero botánico foi nomeado na súaa homenaxe: Horsfieldia da familia das Myristicaceae, creado por Carl Ludwig von Willdenow (1765-1812) en 1805.
Abreviaturas A abreviatura Horsf. emprégase para recoñecer a Thomas Horsfield como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
A abreviatura Horsfield emprégase para recoñecer a Thomas Horsfield como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén
Bibliografía John S. Bastin (1982): "The geological researches of Dr Thomas Horsfield in Indonesia, 1801-1819". En: Bulletin of the British Museum (Natural History) / Historical series 10, 3, ISSN 0068-2306, pp. 75–115. James B. MacNair (1942): "Thomas Horsfield, American naturalist and explorer". En: Torreya. A bimonthly journal of botanical notes and news''. Vol. 42, ISSN 0096-3844, pp. 1–9.
Notas
Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Zoólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Botánicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1773 Categoría:Nados en Pensilvania Categoría:Finados en 1859