A evasión do Ciudad de Montevideo foi a fuxida de republicanos galegos desde Malpica de Bergantiños a Douarnenez, no departamento de Finistère da Bretaña francesa, o 28 de xuño de 1937. Historia esquerda|miniatura|Placa en homenaxe aos fuxidos por mar en Malpica.

A motora Ciudad de Montevideo fora construída en madeira en 1932, tiña unha eslora de 12,5 metros e unha manga de algo máis de 3 metros. Alcanzaba unha velocidade máxima de 5 millas por hora. Era propiedade de Evaristo Pose Doldán. A madrugada do 28 de xuño, con nove membros na súa tripulación, o Ciudad de Montevideo iniciou a fuga. Antonio Suárez Blanco era o patrón do barco. Bernardino Garrido era membro de Izquierda Republicana e un dos principais fuxitivos. Na enseada das Lapas, ao pé da Torre de Hércules da Coruña, recolleron a Antonio Pose “Xornes” de Malpica e a Balbino Oroza Otero, o seu cuñado, de Rinlo. Un destrutor nazi que apoiaba o bloqueo do mar Cantábrico pola frota franquista confundiunos con náufragos e deulles comida, combustible e marcoulles o rumbo para chegar a Brest. Os fuxidos foron xulgados en Ferrol na causa 253/1937.

Os once fuxidos foron Bernardino Martín Garrido Carrillo, Antonio Suárez Blanco, Jesús Suárez Blanco, José Suárez Blanco, David Suárez Blanco, Ramón Arcay Novo, Bernardino Arcay Novo, Luís Blanco Martínez, Cándido Rodríguez Villar, Antonio Pose Castiñeiras e Balbino Oroza Otero.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Evasión da motora San Adrián Evasión da motora Rocío

Ligazóns externas , Víctor: "60 hombres. Documento de guerra" O Talieiro, Revista Cultural da A. C. Tralla. Ano 2001, número 1 .

O Poliño, ou como fuxir da Guerra dende Malpica

Categoría:Evasións por mar de Galicia no franquismo Categoría:1937 en Galicia Categoría:Malpica de Bergantiños