Eduardo Serrano Serrano, finado na Coruña o 5 de outubro de 1937,La Voz de Galicia, 6-10-1937, p. 5. foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria

Fillo do coronel Julián Serrano e de Timotea Serrano. Funcionario da Granja Agrícola, vivía na Coruña. Foi director literario e principal redactor do periódico El Eco de Bergantiños e redactor de El Ideal Gallego. É autor da humorada Sin artistas (1909) e de varios apropósitos de antroido como "Juicio de faltas" (1919) que satirizaban a vida municipal coruñesa. Finou na Coruña aos setenta anos.

Vida persoal

Casou na Coruña con Enriqueta Puch Rey en decembro de 1906.La Voz de Galicia, 29-12-1906, p. 3.

Notas

Véxase tamén Bibliografía "Un desconocido periódico de Carballo", X. Ramón Barreiro. La Voz de Galicia, 30-5-1992, p. 99.

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Finados en 1937