Leptocleidus é un xénero extinto de pliosauroides leptocleídidosSmith AS, Dyke GJ. 2008. The skull of the giant predatory pliosaur Rhomaleosaurus cramptoni: implications for plesiosaur phylogenetics. Naturwissenschaften e-published 2008. que viviron no Cretáceo, no que hoxe é Inglaterra, Australia e Suráfrica. É o único pliosauro coñecido achado nos sedimentos da illa de Wight.

Etimoloxía O termo Leptocleidus significa "clavícula delgada". Provén da derivación das palabras gregas λεπτοσ, que significa "delgado" eκλειδ (tamén escrito como κλεισ) que significa clavícula.

Descrición esquerda|miniatura|Leptocleidus sp. Con grandes clavículas, interclavículas e escápulas pequenas, Leptocleidus parecíase a Rhomaleosaurus do Xurásico Inferior e ós membros da familia do Cretáceo Polycotylidae. Este animal tiña 21 dentes a cada lado dos seus maxilares e aproximadamente 35 dentes de cada lado da súa mandíbula. O cranio de forma triangular de Leptocleidus tiña unha crista saxital correndo dende un bordo sobre o final do nariz á rexión nasal. A diferenza doutros pliosauroides, Leptocleidus tiña costelas cervicais cunha soa cabeza e unha profunda depresión no centro das vértebras do pescozo. Leptocleidus medía de media 3 metros de lonxitude. Porén, Leptocleidus superstes era case un 50% máis pequeno (1,5 metros) polo que era a especie máis pequena.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Fósiles descritos en 1922