Ana Prieto Nieto, nada en Xinzo de Limia o 3 de abril de 1965, é unha farmacéutica e política galega.
Traxectoria miniatura|Eleccións a Cortes Xerais de abril de 2019. Procedente dunha familia de farmacéuticos, con orixe no granadino José Prieto, estudou farmacia na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como farmacéutica en Lugo. Foi presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Lugo de 2009 a 2015"Ana Prieto e Sonsoles López, candidatas a encabezar a lista socialista por Lugo" LugoXornal, 26 de febreiro de 2019.
Entrou na corporación municipal de Lugo logo das nas eleccións de 2015 polo PSdeG e foi Tenenta de Alcaldesa. Levaba a concellería de Economía, Emprego e Desenvolvemento local.
Foi a cabeza de lista da súa formación na provincia de Lugo para as Eleccións xerais de abril de 2019, resultando elixida deputada. Repetiu candidatura e volveu a obter escano nas Eleccións de novembro do mesmo ano.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha na páxina web do Congreso dos Deputados
Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Xinzo de Limia Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Farmacéuticos de Xinzo de Limia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)