O SunTrust Park é un parque de béisbol situado a 16 km do centro de Atlanta, no condado de Cobb, Xeorxia (Estados Unidos). É o estadio local dos Atlanta Braves, equipo da Major League Baseball (MLB). O 11 de setembro de 2013, os Braves anunciaron que a franquía deixaba o Turner Field para trasladarse a un novo estadio despois da temporada 2016. Finalmente, o equipos estrenaría o novo estadio en abril de 2017. O SunTrust Park foi construído mediante un acordo público-privado, cun orzamento final de 622 millóns de dólares.A Cobb-Marietta Coliseum & Exhibit Hall Authority achegou 397 millóns, o condado apaortou 24 millóns e os Atlanta Braves o resto.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Atlanta Atlanta Braves

Ligazóns externas Páxina web do estadio en mlb.com/braves SunTrust Park Seating Chart

Categoría:Atlanta Braves Categoría:Estadios da MLB