O accidente do Marisquiño foi un suceso acontecido no paseo das Avenidas na noite do 12 de agosto de 2018 en Vigo durante a celebración do festival de deportes urbanos O Marisquiño. Non houbo vítimas mortais pero si feridos de diversa consideración.

As causas do derrubamento foron o exceso de peso que soportaba a estrutura de madeira, que non estaba pensada para soportar concertos.

Suceso O accidente aconteceu ás 23:58 horas do 12 de agosto de 2018, cando cedeu a estrutura de formigón sobre a que descansaba a plataforma de madeira do paseo marítimo das Avenidas, no porto de Vigo, durante o concerto de música da cantante Rels B.

Centos de persoas asistentes ao espectáculo caeron ao mar. Non se contabilizou ningunha vítima mortal. O número de feridos estableceuse en 377 persoas, aínda que de diversa consideración chegaron a 467.http://www.atlantico.net/articulo/vigo/nace-plataforma-afectados-marisquino/20180914233529668523.html A aseguradora do festival, pola contra, foi condenada a pagar o custo da asistencia ás vítimas, logo dun fallo do TSXG.

En setembro dese mesmo ano o parlamento de Galicia creou unha comisión de investigación para esclarecer responsabilidades sobre o accidente.

Investigación Tras o suceso estableceuse unha investigación xudicial para tratar de dilucidar a responsabilidade do accidente. O Concello de Vigo defendía a tese de que era Portos de Galicia, concretamente o porto de Vigo, quen era propietario dos terreos. Porén, o porto defendía que, malia seren os propietarios das instalacións, o encargado do seu mantemento era o órgano municipal. Finalmente o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fallou a prol destes últimos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos O Marisquiño Accidente de Angrois

Categoría:Accidentes en Galicia Categoría:Historia de Vigo Categoría:2018 en Galicia Categoría:Eventos en Vigo