O Chase Field, anteriormente Bank One Ballpark, é un parque de béisbol situado no centro de Phoenix, Arizona (Estados Unidos). É o estadio local dos Arizona Diamondbacks, equipo da Liga Nacional da Major League Baseball (MLB). Foi inaugurado en 1998, ano no que os Diamondbacks xogaron o seu primeiro xogo como equipo de expansión. O Chase Field foi o primeiro estadio construído nosEstados Unidos con teito retráctil sobre céspede natural. Con todo, desde 2019 o estadio utiliza céspede artificial.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Phoenix Arizona Diamondbacks
Ligazóns externas Páxina web do estadio en mlb.com/diamondbacks Chase Field Seating Chart
Categoría:Arizona Diamondbacks Categoría:Estadios da MLB