O Comerica Park é un parque de béisbol situado no centro de Detroit, Míchigan (Estados Unidos). É o estadio local dos Detroit Tigers, equipo da Liga Americana da Major League Baseball (MLB). Foi inaugurado en 2000 e substituíu o antigo Tiger Stadium. O nome do estadio é debido ao patrocinio do Banco Comerica, o cal foi fundado na cidade e tiña a súa sede na mesma no momento da súa inauguración. Aínda que Comerica trasladou a súa sede a Dallas, Texas, o banco segue a ter unha forte implantación na zona. A capacidade do estadio é de 41.083 espectadores.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Detroit Detroit Tigers
Ligazóns externas Páxina web do estadio en mlb.com/tigers Comerica Park Seating Chart
Categoría:Detroit Tigers Categoría:Estadios da MLB