Miami é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de punk blues The Gun Club, publicado o 20 de setembro de 1982 a través do selo Animal Records, propiedade do guitarrista de Blondie Chris Stein. O disco tamén foi producido por Stein.
Debbie Harry aparece como corista en varios temas do álbum baixo o pseudónimo "D.H. Laurence Jr." A fotografía da portada non inclúe a Rob Ritter, que xa deixara a banda. Antes de marchar Ritter ensinou todas as liñas de baixo á ex-Bags Patricia Morrison.
O tema "Mother of Earth" foi versionado pola banda de country alternativo The Sadies no seu álbum de 2001 Tremendous Efforts.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de The Gun Club Categoría:Álbums musicais de 1982