Antonio Manso Fernández, nado en Ombre (Pontedeume) e finado na mesma parroquia o 14 de xaneiro de 1937, foi un carpinteiro e político galego.

Traxectoria Foi concelleiro de 1924 a 1925.El Ideal Gallego, 6-1-1924, p. 1. Afiliado á UGT, era membro da Sociedade Agraria de Cabría, Ombre e os seus lugares e vicario da Confraría de Santo Antonio de Padua de Ombre. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte dos grupos que trataron de frear o golpe dedicándose a requisa de armas e dinamita. Logo fuxiu ao monte e agochouse en varias casas propiedade da súa familia. Foi detido o 13 de xaneiro de 1937 por un grupo de falanxistas ao mando de Nicolás Pardo Armas e levado ao cemiterio de Ombre, onde foi torturado e asasinado o 14 de xaneiro. Sufriu expediente de Responsabilidades Políticas en 1941 co resultado de 200 pesetas de sanción.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Concelleiros de Pontedeume Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Carpinteiros