Foudia rubra é unha especie de ave da orde dos paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos paséridos, e familia dos ploceidos, unha das sete pertencentes ao xénero Foudia, endémica da illa de Mauricio.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1789 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin,Foudia rubra (Gmelin, 1789) no ITIS. co nome de Emberiza rubra.Foudia rubra (Gmelin, JF, 1789) en AviBase.

Etimoloxía Para a do xénero, véxase Foudia.

O epiteto específico, rubra, é o nominativo singular feminino do adxectivo latino ruber, -bra, -brun, que fai referencia á coloración da cabeza do macho desta ave.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Emberiza rubra Gmelin, 1789 (protónimo). Fringilla erythrocephala Gmelin.Fringilla erythrocephala Gmel., en General Zoology, or, Systematic natural history, by George Shaw, continued by James Francis Stephens. Vol. 9, Part 2. Aves. London: G. Wikie et al., 1816, páx. 458. Ploceus erythrocephalus Swainson.Ploceus erythrocephalus en The Penny Cyclopaedia of the Society for the Difusion of Useful Knowledge, Volume 27. London: Charles Knight and Co., 1863, páxina 170.

Características Mide 14 cm de lonxitude. Os machos reprodutores son de cor parda olivácea coa cabeza, o peito e a rabadilla ou sobrecú vermellos, e a área loreal negra.BirdLife International (2015): Fact Sheet: Foudia rubra en birdlife.org. Consultado o 24 de agosto de 2019. As femias, os machos non reprodutores e os xuvenís son de cor parda olivácea con barras brancas na ás e o bico marrón.

Bioloxía e ecoloxía Hábitat e distribución Vive na iila de Mauricio e illotes adxacentes, desde os 0 aos 300 m de altitude,BirdLife International (2016): Foudia rubra na Lista vermella da UICN. Versión 2019-1. Consultada o 22 de abril de 2019. encontrándose en todo tipo de bosques autóctonos, incluídos os degradados, así como nas crecentes plantacións de especies de árbores non autóctonas,[Cristinacce, A.; Handschuh, M.; Switzer, R. A.; Cole, R. E.; Tatayah, V.; Jones, C. G. & Bell, D. (2009): "The release and establishment of Mauritius Fodies Foudia rubra on Ile aux Aigrettes, Mauritius". Conservation Evidence 6: 1-5. como as de piñeiro e do cedro xaponés (Cryptomeria japonica), que aumentaron notabelmente durante entre 1994 e 2003, substituíndo á vexetación nativa e que agora subministran protección contra os depredadores de niños.Garrett, L. (2009): Mauritian Wildlife Foundation Mauritius Fody Recovery Programme Annual Report 2008-09.

Nutrición Aliméntase principalmente de insectos, como saltóns, larvas de escaravellos, eirugas e arañas. Tamén comen froitos e bagas con regularidade, así como néctar, utilizando para iso a súa lingua especializada, rematada na punta por un pincel.Mauritius Fody Foudia rubra . Weaver Watch.Cheke, A. S. (1987): "The ecology of the smaller land-birds of Mauritius. En: Diamond, A. W. (ed.), Studies in Mascarene island birds. ISBN 13 978-0-5212-5808-1, pp. 151-207. Cambridge, UK: Cambridge University Press.

Reprodución A cría na Île aux Aigrettes,Localización da illa Mapcarta. Consultado 27 de agosto de 2019. pequena illa —a máis grande, cunha superficie de 0,26 km2, das situadas na baía do distrito de Grand Port, ao leste da illa principal da República de Mauricio, e que constitúe unha reserva natural deste país, lévase a cabo entre os meses de xullo e febreiro,<ref name=Cb>Cristinacce, A.; Garrett, L. J. H.; Cole, R. E.; Tatayah, R. V. V. & Jones, C. G. (2010): Nesting success of a managed population of Mauritius Fodies Foudia rubra marooned on a partially restored island". Bird Conservation International 20 (4): 365-374.</ref> uns dous meses antes que a poboación que habita na illa de Mauricio. A reprodución pode terminar se hai un período prolongado de chuvia (máis de un mes), pero en condicións secas non causan unha interrupción.

Conservación Está ameazado pola perdida de hábitat e pola depredación por animais introducidos. A partir da década de 1970 perdeu gran parte do seu hábitat cando a terra foi despexada para plantacións. No ano 2001 non había máis de 100 parellas reprodutoras.Mauritius Fody. Durrell Wildlife Conservation Trust. 12 de setembro de 2011. Os niños son atacados polos depredadores, en especial ratas negras (Rattus rattus) e macacos cangrxeiros (Macaca fascicularis). Esta é actualmente a principal causa do declive da ave. Algunhas áreas do seu hábitat intacto teñen unha alta depredación de niños, pero as zonas de baixa depredación de niños poden seren hábitats deficientes. O miná común (Acridotheres tristis) tamén se observou depredando os niños.

Os esforzos de conservación inclúen o control de ratas e macacos. Un programa de cría en catividade levado a cabo pola Fundación de Vida Silvestre de Mauricio produciu moitos pitos. A poboación aumentou recentemente debido aos programas de conservación establecendo subpoboacións en illas costeiras. Debido a estes esforzos de conservación a especie foi baixada de «en perigo crítico» a «en perigo» en 2009.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Craig, Adrian (2010): "Family Ploceidae (Weavers)". En del Hoyo, J.; Elliott, A. & Christie, D. A. Handbook of the Birds of the World 15. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-368-2. del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A., Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Barcelona, España / Cambridge, UK: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-398-9. Fry, C. H. & Keith, S. (2004): The birds of Africa. Volume VII. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6531-4. Safford, R. J. & Hawkins, A. F. A., eds. (2013): The Birds of Africa. Volume VIII: The Malagasy Region: Madagascar, Seychelles, Comoros, Mascarenes''. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6532-1.

Outros artigos Ploceidos Foudia

Categoría:Ploceidos Categoría:Aves de Mauricio Categoría:Animais descritos en 1766 Categoría:Fauna endémica de Mauricio