Luís Calvo Miguélez, nado en Esperante (Agolada) en 1970, é un político galego. Traxectoria miniatura|Coa invasión rusa de Ucraína en 2022, Luís Calvo Miguélez saltou aos medios polo seu ofrecemento a «ir combater contra as forzas opresoras rusas» nunha carta ao embaixador ucraíno Serhiy Pohorelzew. Estivo emigrado en Suíza 24 anos. Regresou a Agolada en 2012. Fundou o Partido Anticorrupción y Justicia (PAYJ) co que se presentou ás Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do PAYJ en Agolada, obtivo a maioría absoluta (sete dos once concelleiros) e foi elixido alcalde de Agolada. Fíxose popular fóra do seu concello por solicitarlle á Ucraína ir combater para defenderse da invasión rusa.

Nas municipais de 2023 volveu encabezar a candidatura do PAYJ e revalidou a alcaldía con maioría absoluta (seis dos once concelleiros).Calvo promete evitar «erros do pasado» y modernizar el Concello de Agolada

En 2025, foi condenado a tres anos de cárcere por falsidade documental e prevaricación, se ben meses despois o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o absolveu do cargo de falsidade en documento oficial pero mantivo a pena, reducida, de nove anos de inhabilitación para cargo ou emprego público e para o sufraxio pasivo por mor da prevaricación. Como consecuencia da sentenza anunciou a súa dimisión en novembro de 2025, e foi substituído por Óscar Val como alcalde en funcións.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Agolada

Ligazóns externas

Categoría:Galegos de Suíza Categoría:Alcaldes de Agolada Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Agolada Categoría:Nados en 1970 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes