Prideaux John Selby, nado o 23 de xullo de 1788 en Alnwick, Northumberland, Inglaterra, e finado o 27 de marzo de 1867 en Bamburgh, Northumberland, foi un ornitólogo, botánico e ilustrador inglés.

Traxectoria Selby estudou na Durham School, e despois no University College da Universidade de Oxford. É coñecido polo seu Illustrations of British Ornithology (1821–1834), o primeiro conxunto de ilustracións sobre a vida das aves británicas.

Tamén escribiu Illustrations of Ornithology, co seu amigo William Jardine, e A History of British Forest-trees (1842).

Moitas das ilustracións das súas obras foron extraídas das mostras da súa colección.

Ademais das obras anteriores, colaborou na obra de Jardine Naturalist's Library, nos volumes dedicados ás pombas (1835),Exemplar numérico en Internet Archive. e os papagaios (1836),Exemplar numérico en Internet Archive. esta última ilustrada por Edward Lear.

Foi, durante algún tempo, un dos editores de Magazine of Zoology and Botany.

En 1827 foi nomeado Fellow da Real Sociedade de Edinburgo.

As súas coleccións vendéronse en 1885 e dispersáronse.

Pero as aves surafricanas recolectadas por Andrew Smith están depositadas no Museo Zoolóxico da Universidade de Cambridge.

Abreviaturas Botánica A abreviatura P.Selby emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.

Zooloxía A abreviatura Selby emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Publicacións miniatura|200px|Eider en Illustrations of British Ornithology.

1833 - Illustrations of British ornithology.Exemplar numérico en Internet Archive: volume 1 (aves terrestres) e volume 2 (aves acuáticas). (Edimburgo: W. H. Lizars). 1825-1843 - Illustrations of Ornithology. Con William Jardine, en catro volumes: Volume I Volume II Volume III Volume IV 1842 - A History of British Forest-trees.

Algúns taxons descritos por Selby

Charadrius bicinctus Cichlocolaptes leucophrus Oxyrynchos Pachyramphus castaneus Ptilinopinae Pycnonotus eutilotus Ramphocelus flammigerus Spindalis

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bowey, K. & Newsome, M. (eds.) (2012): The Birds of Durham. Durham Bird Club. ISBN 978-1-8747-0103-3. Mullens & Swann (1918): A Bibliography of British Ornithology. Raine, Revd. James (1852): The History and Antiquities of North Durham, p3áx. 38. Jackson, Christine E. (2004): Oxford Dictionary of National Biography.

Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Botánicos de Inglaterra Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Nados en Northumberland Categoría:Nados en 1788 Categoría:Finados en 1867