Ricardo Melero Pereira, finado en Pontevedra en outubro de 1954,El Pueblo Gallego, 16-10-1954, p. 2. foi un empresario e político galego.

Traxectoria Dono dunha fábrica de alpargatas en Pontevedra. Foi presidente da patronal pontevedresa. Tamén foi directivo do Círculo Mercantil e Industrial, da Cámara de Comercio, da xunta do club de fútbol Alfonso XIII C.F. e representante da Asociación de Padres de Familia. En 1932 participou, xunto con Víctor Lis Quibén, Ramón Gómez, Tomás Abeigón Pazos, Enrique Paredes e Antero Marescot na articulación da Unión Regional de Derechas. Nas eleccións de 1933 presentouse como candidato polas dereitas. Tesoureiro da CEDA, foi detido en abril de 1936 con Benito Pardo, Secundino Esperón e José Outerelo, por consideralos relacionados con incidentes provocados por fascistas. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 integrou a comisión depuradora do maxisterio de Pontevedra en calidade de representante dos pais de familia.

Vida persoal Casou con Mercedes Cide Avendaño.Hoja oficial del Lunes, 18-9-1944, p. 4.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Álvarez Castro, Xosé (5/6/2019). Comisión depuradora do maxisterio (e 2) Pontevedra nos anos de medo. Outros artigos Depuración franquista do maxisterio

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Finados en 1954 Categoría:Nados en ano descoñecido