María Eugenia Palafox Portocarrero y Kirkpatrick, condesa de Teba, máis coñecida como Uxía de Montijo, nada en Granada o 5 de maio de 1826 e finada en Madrid o 11 de xullo de 1920, foi unha nobre española, emperatriz consorte dos franceses como esposa de Napoleón III.

Traxectoria Primeiros anos María Eugenia Ignacia Agostiña de Palafox-Portocarrero de Guzmán e Kirkpatrick naceu en Granada, na rúa Gracia número 12, o 5 de maio de 1826.Geneviève Chauvel, Inoubliable Eugénie, Éd. Pygmalion, 1998, p. 17 et sv. Uxía foi a segunda filla de Cipriano Palafox y Portocarrero-Idiáquez, XIII duque de Peñaranda, conde de Montijo e de Teba e grande de España, fillo de Felipe Antonio de Palafox Croy, quen tamén utilizou o apelido Guzmán por herdanza de dona Inés de Guzmán, condesa de Teba. Foi militar e político liberal, masón e afrancesado que combateu na guerra da Independencia española á beira de José Bonaparte. A súa nai foi Enriqueta María Manuela Kirkpatrick de Closeburn y de Grevignée, aristócrata española filla do escocés William Kirkpatrick, un exiliado en España na súa mocidade por apoiar a casa de Estuardo nas súas pretensións dinásticas, que foi cónsul dos Estados Unidos en Málaga e da belga Marie Françoise de Grevignée.

Veu ao mundo o mesmo día en que a cidade de Granada sufriu un importante terremoto que adiantou un par de semanas en parto debido ao susto do sismo, nunha tenda de campaña habilitada para o caso no exterior do palacio en que residía a familia, por temor a un derrube fatal, e, como ela mesma diría máis adiante, baixo unha árbore nun pequeno bosque de loureiros e cipreses.

Mocidade En 1835, Uxía foi enviada a Francia a estudar no Convento do Sacro Corazón e logo no Gymnase Normale, Civile et Orthosomatique, recibindo en ambos unha profunda formación católica, que a acompañou ata o final da súa vida. En 1837 tivo unha curta e desagradable estancia nun internado en Bristol, ao suroeste de Inglaterra.

Danse por certas as circunstancias de que cando contaba doce anos, unha vella xitana do Albaicín, se achegou a ela pera lerlle as liñas da man, e predixo que chegaría a ser raíña. Dez anos máis tarde, xa en París, o abade Brudinet, que exercía o ministerio pastoral xunto á quiromancia, visionou na mesma man unha Coroa Imperial.

Durante a súa mocidade pasaron pola casa familiar grandes intelectuais do momento, viaxeiros ilustrados que ofrecían noticias dos acontecementos da Europa máis refinada, e ofrecíanse grandes festas ás que acudían diplomáticos, escritores, músicos, toureiros e grandes celebridades da época; un deses escritores foi Prosper Mérimée, quen se converteu nunha personaxe asidua ás reunións que se mantiñan no domicilio familiar e que pronto estableceu unha amizade especial coa adolescente Uxía, coa que cambiaba impresións sobre os costumes e historias dun pobo español afeito a debaterse polas súas paixóns de forma incontrolada tanto no amor, como na guerra. Froito dunha desas conversacións, Uxía faloulle do romance protagonizado por unha cigarreira, un toureiro español e un soldado, unha historia e unha paixón que Mérimée desenvolveu na súa novela Carmen, a obra que lle proporcionou a inmortalidade, e na cal se baseou posteriormente a famosa ópera homónima de Georges Bizet.

Pasados os anos, a amizade tanto da nai de Uxía como da propia co escritor, influíu para que, en 1853, Mérimée fose nomeado senador de Francia, e non hai ningunha dúbida de que o peso social e político da Emperatriz, foi decisivo en tal nomeamento.

Namorouse Uxía aos dezaoito anos do marqués de Alcañices, pero foi traizoada e, crendo que a súa vida estaba rota, pensou en tomar os hábitos. Porén, a superiora do convento disuadiuna dicíndolle: "É vostede tan fermosa que máis ben parece nacer para sentar nun trono".

Orfa de pai no ano 1839, residiu entre Granada e Madrid, e viaxou xunto á súa nai e irmá por Italia, Francia, Inglaterra e Alemaña ata que xa en 1850 fixaron a súa residencia en París, onde inducidas pola suspicacia maternal, frecuentaron os salóns da cidade, cunha obsesión maternal de casar as súas fillas co máis selecto da Europa nobre, ata o punto de levantar non xa só envexas nos palacios, senón murmuracións que ían precedidas polas historias das que a súa nai fora protagonista en Inglaterra onde conseguira acceder ao cargo de camareira da propia raíña, e era mesmo acusada de amoríos cos amantes da súa propia nai, facéndoa á súa vez partícipe dunha vida libertina e desenfadada, alcumándoa con fins burlescos como “a señorita de Montijo” en reunións e bailes de alta sociedade onde comezaba a ser mal mirada.

Voda O 12 de abril de 1849, nunha recepción no palacio do Elíseo, a princesa Matilde Bonaparte, curmá de Luís Napoleón, presentouna ao que sería o futuro emperador e foi nunha das moitas reunións sociais da alta liñaxe francesa, onde o enigmático e flamante Napoleón, quedou enfeitizado ante a elegante exuberancia e intelixencia de Uxía, dunha beleza difícil de desapercibir, facéndolle a corte de forma vehemente e eludindo ela o asedio como podía.

O sobriño neto de Napoleón I e fillo de Luís I, rei de Holanda e de Hortensia de Beauharnais, por circunstancias azarosas converteuse en presidente dunha República na que el mesmo buscaba a súa segunda e máis ambiciosa finalidade, chegar a converterse en emperador.

Dende Madrid, Uxía puido seguir as vicisitudes do seu pretendente que, unha vez coroado emperador, solicitou reiteradamente que as Montijo acudisen ás súas propiedades parisienses. Alí, nunha recepción no palacio das Tullerías, no que a princesa Matilde a acolleu coa súa nai, véndoa asomada a un balcón do Palacio, xunto ao Salón inmediato á capela, o emperador achegouse a ela e con inusitado descaro, preguntoulle: "Necesito vela. Como podo chegar ata vostede?" Uxía, con enxeñosos e rápidos reflexos, contestoulle: "Pola capela, señor, pola capela".

Nas Tullerías, no seu discurso de 22 de xaneiro de 1853, ante o Senado, o Corpo Lexislativo e o Consello de Estado, o emperador declarou:

Previamente Napoleón fora rexeitado pola princesa Adelaida, sobriña da raíña Vitoria, polo que este comentario foi visto con certo sarcasmo desde Gran Bretaña. Os xornais dese país efectuaron comentarios sobre a unión entre unha aristócrata de recoñecida liñaxe cun membro da familia Bonaparte.

O domingo 29 de xaneiro de 1853, Uxía vestiuse de satén rosa e tocouse de xasmíns para o casamento civil no palacio das Tullerías. Rexistrouse o matrimonio na Sala dos Mariscais (Salle des Maréchaux) ás 20 horas. Á mañá seguinte, 30 de xaneiro, Uxía de Montijo, con 26 anos, converteuse na emperatriz dos franceses ao consagrar o seu matrimonio con Luís Napoleón, de 45 anos, no altar maior da catedral de Notre-Dame ante o arcebispo de París.

Co enlace, deu comezo un dos períodos máis sobresaltados e interesantes da historia de Francia, cunha copla popular convertida en queixume que dende España dicía:

Xa dende o primeiro momento e facendo gala do seu carácter perseverante, deu a primeira mostra no intento de conquistar un pobo francés que non a quería, e dende o mesmo adro da catedral de Notre-Dame deixou o brazo de Napoleón III, volveuse cara aos miles de franceses que a observaban ostentando na súa cabeza o diadema que pertenceu ás súas dúas predecesoras Xosefina e María Luísa e inclinouse facendo unha elegante reverencia de submisión cara ao seu pobo. Nun instante, os franceses alí congregados pasaron da indiferenza xentil ao entusiasmo e as aclamacións estalaron por todas as partes.

Foi un deses actos de cortesía e entrega que a fixeron famosa, cos que o pobo empezou a amala nun fraternal sentimento, arengado posteriormente por outro acto da flamante emperatriz dos franceses cando doou para a caridade os seiscentos mil francos que o municipio de París lle fixo entrega como agasallo de vodas para xoias, co cal se fundou un asilo para mozas pobres que levou o seu nome de casada, Uxía Napoleón. A mesma xenerosidade tivo cunha cantidade de douscentos cincuenta mil francos que lle regalou o seu marido, o emperador Napoleón III. O emperador e a súa esposa ocuparon a carroza imperial que conducira a Napoleón Bonaparte e Xosefina á catedral de Notre-Dame o día da súa coroación. Eugenia levaba un precioso vestido de satén branco e un diadema de brillantes e zafiros.

Uxía non nacera princesa, pero axiña soubo porse á altura das circunstancias. Ninguén botaba xa de menos a princesa de sangue real que tanto se desexou.

Os recentemente casados pasaron a lúa de mel no Castelo de Villeneuve-l'Étang, en Marnes-la-Coquette, no corazón de Saint-Cloud, onde a emperatriz quixo ocupar os cuartos da raíña María Antonieta. Namentres, a condesa de Montijo, nai da emperatriz, preparábase para volver a España, pois a súa misión estaba xa cumprida.

En decembro de 1854 sufriu un aborto, e a pesar das constantes infidelidades do seu esposo, volveu quedar embarazada ao pouco tempo, e volveu novamente a sufrir outro aborto. As continuas aventuras do emperador irritaban a amperatriz, máis que por celos, polo escándalo, que Uxía non podía transixir polos principios da súa educación católica e porque identificaba a lealdade coa honra.

Ante a dificultade para concibir, nunha viaxe a Inglaterra a raíña Vitoria deulle un consello:

Uxía tomou boa nota, probou e acertou. Despois do asunto do coxín, quedou encinta. O 16 de marzo de 1856, tras un longo e penoso parto, Eugenia deu a luz o seu único fillo, Napoleón Luís Uxío Xoán Xosé Bonaparte, que recibiu o título de Príncipe Imperial.

Para celebrar a boa nova, Napoleón III anunciou unha nova amnistía para os marxinados do 2 de decembro. Ao mesmo tempo, 600 000 parisienses (un de cada dous habitantes de París) fixeron agasallos á Emperatriz.. Na mañá do 17, unha salva de cen disparos anunciou o nacemento ao país enteiro. O emperador decidiu que sería o padriño e a emperatriz madriña de todos os fillos lexítimos nados en Francia (é dicir, os que nacesen dentro do matrimonio dos seus pais) nese día 16 de marzo, os cales ascenderon a 3000.

A emperatriz cumpriu así coa súa misión principal. Ela deulle ao seu esposo un fillo e ao Imperio un herdeiro. O que máis lle gustou á nai foi que este neno, tan desexado, non só era un fillo de Francia, senón tamén un fillo da Igrexa e afillado do Papa; a bendición do Santo Pai cerniuse sobre o seu berce.Arthur-Léon Imbert de Saint-Amand, La Cour du Second Empire (1856-1858), Paris, Édouard Dentu, 1898.

O 17 de xullo seguinte, o emperador escribiu a Plombieres-les-Bains as disposicións relativas á rexencia,Moniteur universel, 20 de xullo de 1856. a cal confiou á emperatriz.

Descrición miniatura|esquerda|275px|Emperatriz Uxía, por Winterhalter, 1853 Madame Carette, que máis tarde foi a súa lectora, describiu o vivo reflexo da súa sedución:Noble y Real; "La Emperatriz Eugenia"

Grazas á súa beleza e elegancia, Uxía contribuíu de forma destacada ao encanto que desprendía o réxime imperial. A súa forma de vestir era encomiada e imitada en toda Europa. O seu interese pola vida da raíña María Antonieta expandiu a moda neoclásica, estilo moi popular durante o reinado de Lois XVI.

A elegancia lendaria da Emperatriz influíu moito no mundo da moda. Chamado así pola Emperatriz, o chapeu Eugénie é un estilo de chapeu de muller inclinado e coa caída sobre un ollo; o bordo dóbrase bruscamente a ambos os dous lados no estilo dun adorno de equitación, a miúdo cunha longa pluma de avestruz. O chapeu foi popularizado pola estrela de cine Greta Garbo e na década de 1930 eran "histericamente populares".

Foi a persoa con máis condecoracións de toda Francia, con 20 condecoracións e títulos nobiliarios.

Influencia política Uxía era unha muller educada e intelixente. Os abortos sucesivos e o parto do seu fillo, o Príncipe Imperial, distanciárona da vida social e política, pero o seu carácter e as súas ganas de facer vida activa aceleraron unha tediosa recuperación, e empezou a tomar parte activa na política de Francia.