miniatura|Nicolás Salmerón A Unión Republicana foi unha alianza electoral creada o 23 de xaneiro de 1893 a partir da confluencia de 3 partidos republicanos: o Partido Republicano Progresista de Ruiz Zorrilla, o Partido Republicano Centralista de Salmerón e o Partido Republicano Federal de Francesc Pi i Margall.Pabón (1999), p. 175 O 28 de xaneiro, no xornal El Motín, publicouse o Manifesto elaborado o día 23, no que se indicaba que tiña como obxectivos: acelerar a chegada da República, a creación dun goberno provisional e a elaboración dunha Constitución.

Nas eleccións de marzo dese mesmo ano, conseguiron 32 escanos, obtendo ademais a vitoria nas provincias de Madrid e Barcelona, nas respectivas capitais e en Valencia. Fóra da alianza permaneceron os republicanos posibilistas de Castelar, que obtuviron 15 escanos. Non obstante, ese mesmo ano, o propio Castelar disolveu o Partido Demócrata Posibilista (PDP) e aconsellou a integración no seo do Partido Liberal, ao que se opuxo unha parte do partido que fundou a Unión Constitucional Republicana (UCR) que acabaría integrándose en Unión Republicana.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Organizacións políticas de España Categoría:1893 Categoría:Historia de España do século XIX