Miguel Fernández Santos, nado en Madrid e finado en Ferrol o 18 de decembro de 1936, foi un funcionario e político español residente en Galicia.

Traxectoria Funcionario de Correos. Foi oficial de Correos da Coruña até 1924, cando se trasladou a Tui.El Diario de Pontevedra, 28-4-1925, p. 3. Funcionario de Correos en Cedeira, foi detido pola súa participación na folga xeral revolucionaria de 1934.El Correo Gallego, 3-11-1934, p. 2. Foi presidente do comité local de Cedeira da Volta a España de 1936.El Pueblo Gallego, 14-7-1936, p. 2.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 3 de agosto canda outros dirixentes políticos e sindicais de Cedeira. Xulgado en Ferrol o 4 de decembro en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado á pena de morte. Foi executado no castelo de San Filipe o 18 de decembro canda Manuel Fernández Freijeiro, Enrique Alonso Teijeiro, José Cipriano Durán Fraguela, Ginés Fernández Rodríguez, Antonio Castillo Domínguez, Rufino Redondo Senra, Isaac Forneiro Varandela, Antonio Iglesias Freire, Enrique Martínez Teijeiro, Francisco Rodríguez N., José Lago Beceiro, Adolfo Bouzón Teijeiro e Antonio Ameneiro Brage.El Compostelano, 19-12-1936, p. 2.

Notas

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Madrid Categoría:Finados en 1936