Rauno Nurger, nado o 24 de novembro de 1993 en Keila, Harju, é un xogador profesional internacional de baloncesto estoniano. Formado na universidade de Wichita State, cunha altura de 2,08 m xoga nas posicións de pivote e ala-pivote.

Traxectoria Nado en Keila, no Condado de Harju, Nurger comezou a súa carreira no baloncesto no Tallinna Kalev e no TYCO Rapla da Korvpalli Meistriliiga, máxima categoría do baloncesto estoniano. Posteriormente foi aos Estados Unidos, onde acudiu á Sunrise Christian Academy e á Universidade de Wichita State, onde competiu cos Shockers da NCAA. Na liga universitaria estadounidense fixo unha media de 3,5 puntos e 2,1 rebotes por partido en catro anos. Para a temporada 2018−19 asina co Peñas Huesca da Liga LEB, sendo un dos xogadores destacados da competición cunha media de 13,3 puntos (61,2% en tiros de dous e 78,4 % tiros libres), 6,3 rebotes, 1 asistencia, 1 tapón e 1 mate por encontro en 26 minutos sobre a cancha. Tras finalizar a temporada, o 11 de xullo de 2019 anunciouse a súa fichaxe polo Leite Río Breogán, club onde permaneceu unha temporada. Posteriormente regresou durante dúas temporadas a Estonia, ao BC Kalev/Cramo. O 18 de xullo de 2022 anunciouse a súa incoporación polo Acunsa Gipuzkoa Basket da LEB Ouro.

Clubs Tallinna Kalev (KML, 2011−2012) TYCO Rapla (KML, 2012−2013) Sunrise Christian Academy (Insituto, 2013−2014) WSU Shockers (NCAA, 2014−2018) Peñas Huesca (LEB, 2018–2019) CB Breogán (LEB, 2019−2020) BC Kalev/Cramo (KML, 2020−2022) Acunsa Gipuzkoa Basket (LEB, 2022−presente)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en feb.es

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Estonia Categoría:Xogadores de baloncesto de Estonia Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do BC Tallinna Kalev Categoría:Xogadores do Rapla KK Categoría:Xogadores do CB Peñas Huesca Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do BC Kalev/Cramo‎ Categoría:Xogadores do San Sebastián Gipuzkoa BC‎