O enfermo imaxinario (en ) é a última comedia escrita polo dramaturgo francés Molière. É unha comedia-ballet en tres actos (cada un con oito, nove e quince escenas, respectivamente), escrita en verso que foi representada no Teatro do Palacio RealGarreau, Joseph E. (1984). "Molière", pp. 397-418 en McGraw-Hill McGraw-Hill Encyclopedia of World Drama, Stanley Hochman, editor en xefe. Nova York: McGraw-Hill. ISBN 9780070791695. o 10 de febreiro de 1673 pola troupe de Molière. Inspírase na comedia da arte. A música é de Marc-Antoine Charpentier e os ballets de Pierre Beauchamp.

Foi traducida ó galego por Manuel Guede e Eduardo Alonso e foi publicada pola Editorial Galaxia no ano 1986. No ano 1987, foi publicado de novo con tradución de Guede e Alonso por Edicións Xerais na colección "Os libros do Centro Dramático". No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Guede e Alonso dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.

A música na obra A obra concibiuse nun principio con intermedios musicais ó final de cada acto, incluída a entronización final de Argan como médico. Ademais, Cléante e Angélique cantan unha pequena peza ó comezo do segundo acto. O autor recorreu a Marc-Antoine Charpentier para a composición.

A partitura, que se cría perdida, foi atopada nos arquivos da Comédie-Française por William Christie, quen a interpretou integralmente con Les Arts Florissants durante unha representación no teatro de Châtelet, o 16 de marzo de 1990.

Até ese momento, outros compositores trataron de ilustrar musicalmente a obra. Entre eles destaca Jacques Offenbach, en 1851.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos  Biblioteca Galega de Clásicos Universais Bibliografía Garreau, Joseph E. (1984). "Molière", pp. 397–418 in McGraw-Hill Encyclopedia of World Drama, Stanley Hochman, editor en xefe. Nova York: McGraw-Hill. .

Categoría:Obras literarias de 1673 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego‎