O Ionikos Nikaias B.C. (en grego: Iωνικός Νικαίας K.A.E.), é un equipo de baloncesto grego en Nikaia, no Pireo. Actualmente xoga na A1 Ethniki, a máxima categoría do baloncesto heleno, tras conseguir o ascenso na temporada 2018−19. Disputa os seus partidos como local no Platonas Gymnasium, un pavillón con capacidade para 1.200 espectadores.

Historia O club polideportivo Ionikos foi fundado en 1965 con sección de fútbol e de baloncesto. O equipo xogou o seu primeiro xogo o 9 de agosto de 1966 contra o Α.Ο. Zografou participando no campionato da Clase A de Atenas-O Pireo. Xogou en categorías inferiores até que na temporada 1972−73 logrou o ascenso á segunda división nacional. En 1975, con Panagiotis Giannakis liderando ao equipo, logrou o ascenso á A1 Ethniki, a primeira división helena. En 1979 logran acceder por vez primeira a unha competición europea, a Copa Korać, caendo na primeira rolda.

Permaneceu na primeira división até a temporada 1986-87, na que descenderon á A2 Ethniki, comezando un longo período no que se moverían en diferentes niveis inferiores do baloncesto grego, chegando mesmo a descender até a quinta división. Xa na tempada 2017-18 fixéronse co campionato da B Ethniki, a terceira división, regresando á segunda categoría. No seu primeiro ano na A2 o equipo consegue facerse co campionato e regresar á elite do baloncesto heleno.

Xogadores Destacados

Panagiotis Giannakis Georgios Kalafatakis Kostas Alexandridis Marios Batis Dimitris Bogdanos Tasos Dimitriadis Andreas Kanonidis Vangelis Karampoulas Fotios Katsikaris Sotiris Katoufas Vassilis Kavvadas Dimitris Kompodietas Nikos Liakopoulos Vangelis Margaritis Iakovos Milentigievits Nikos Oikonomou Michael Paragyios Christos Petrodimopoulos Giannis Sachpatzidis Angelo Tsagarakis Fotis Vasilopoulos Roeland Schaftenaar

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Ionikos