Cándido ou o optimismo (en ) é un conto filosófico publicado polo filósofo ilustrado Voltaire en 1759.Davidson (2005), pp. 52–53Williams (1997), pp. 1–3 Voltaire nunca admitiu abertamente ser o autor da controvertida novela, a cal está asinada co pseudónimo «Monsieur le docteur Ralph» (literalmente, «o señor doutor Ralph»). miniatura|Edición inglesa de 1762.
Foi traducida ó galego por Henrique Harguindey e foi publicada por Edicións Xerais no ano 1999, con introdución de Herminio Barreiro. No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Harguindey dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.
Ideas da obra A obra narra, dende un punto de vista sardónico, as peripecias do protagonista Cándido no seu primeiro encontro co precepto do optimismo leibniziano de que «todo sucede para ben neste, o mellor dos mundos posibles» e nunha serie de aventuras subsecuentes que refutan de forma dramática o famoso precepto malia a obstinación coa que o personaxe se aferra a este.
A novela satiriza a filosofía de Leibniz, e é un mostrario dos horrores do mundo do século XVIII. En Cándido, Leibniz está representado polo filósofo Pangloss, titor do protagonista. A pesar de observar e experimentar unha serie de infortunios, Pangloss afirma repetidamente que «tout est au mieux» («todo sucede para ben») e que vive en «le meilleur des mondes possibles» («o mellor dos mundos posibles»).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Biblioteca Galega de Clásicos Universais Bibliografía
Categoría:Obras literarias de 1759 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego