Txentxo Jiménez Hervás, nado en Solera, Xaén o 3 de xuño de 1957, é un político español de ideoloxía independentista vasca, parlamentario navarro por Aralar dende 2003 até 2015
Traxectoria Nado en Solera (Xaén) o 3 de xuño de 1957, con dez anos emigrou cos seus pais a Navarra. Casado e con dous fillos, a día de hoxe reside en Berriozar. Traballou como metalúrxico e editor, ademais de ocupar diversos cargos políticos e de representación institucional.«Especiales: Tras el escaño. Dedicado a Txentxo Jiménez». Diario de Navarra, 10 de abril de 2006.
Traxectoria política De 1979 a 1995 militou en Herri Batasuna, formación coa que foi concelleiro de Berriozar durante trece anos.
En 2001 integrouse en Aralar, partido do que foi coordinador en Navarra de 2003 a 2011, e co que foi parlamentario navarro dende 2003 até 2015.«Txentxo Jiménez se da de baja en Aralar después de sus diferencias con la dirección ». Noticias de Navarra, 31 de marzo de 2015.
No V Congreso de Aralar, celebrado en setembro de 2011, foi elixido membro da Executiva de Hegoalde.«Patxi Zabaleta reelegido coordinador general de Aralar por quinta vez ». EITB, 18 de setembro de 2011.
En novembro de 2014, durante o VI Congreso de Aralar foron aprobados uns novos estatutos que avogaban por unha maior unidade dentro de EH Bildu, en contra do criterio de Txentxo Jiménez que consideraba que restaban capacidade de decisión á organización en Navarra. O 30 de marzo de 2015 deuse de baixa de Aralar.«El VI Congreso de Aralar rechaza la enmienda de los militantes navarros ». Noticias de Navarra, 9 de novembro de 2014.
Notas
Categoría:Nados en 1957 Categoría:Políticos de Herri Batasuna Categoría:Políticos de Aralar Categoría:Políticos de Navarra Categoría:Nados na provincia de Xaén