Sibaté é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Soacha, a 27 km ó sur de Bogotá. Forma parte da área metropolitana de Bogotá, segundo o censo DANE 2005.

A Sibaté chégase a través da Autoestrada Sur. O concello é recoñecido pola súa produción de amorodos, patacas e chícharos. Na área rural atópase o encoro do Muña.

Toponimia O topónimo «Sibaté», en muysc cubun (lingua muisca), significa «derramamento da lagoa».

Historia Menciónase dende a época colonial como poboado a beiras do río Muña, dende 1657, e en 1788 foi casarío até a fundación do poboado en 1868.

En 1895 construíuse a estación San Francisco para o ferrocarril, edificio que na actualidade serve de sede da Alcaldía Municipal. En 1908, rematada a Guerra do Mil Días, os herdeiros da Facenda Sibaté entran en xuízo de sucesión; a delimitación da mesma sería o que na actualidade forma o centro urbano. Nos anos 20 do século XX comeza o proceso de urbanización da antiga facenda, e nos anos 30 inícianse os primeiros estudos de organización urbana. En 1940 iníciase a construción do encoro do Muña, sobre o antigo casarío da Unión; tamén se constrúe unha casa de beneficencia para os enfermos psiquiátricos. Nos anos 50, Sibaté é erixido á categoría de Inspección.Alcaldía Municipal de Sibaté - Pasado, presente y futuro (Consultado el 1 de noviembre de 2017).

A ordenanza 40 do 28 de novembro de 1967 elevou a Sibaté a concello segregado de Soacha, ó que até entón pertencía.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Cundinamarca Categoría:Confederación muisca