miniatura|Cursorius cursor en Dibba, Emiratos Árabe Unidos miniatura|Ovo de Cursorius cursor no MHNT O corredor saharianoPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5., tamén chamado simplemente corredor ou corredeira, (Cursorius cursor) é unha ave limícola da familia Glareolidae. Ambas as palabras do seu nome científico proceden do latín cursor, 'corredor', debido ao seu costume de correr para cazar insectos no chan en rexións secas abertas semidesérticas de Asia e norte de África.
Descrición Teñen patas e ás longas e peteiros lixeiramente curvados cara a abaixo. A plumaxe do corpo é de cor area, que se vai facendo abrancazado na parte inferior da barriga. As plumas primarias da parte superior da á e a parte inferior da á son negros. O píleo e caluga son grises e ten unha liña ocular negra e un supercilio branco.
En voo lembra unha Glareola cos seus relaxados batidos de ás, ás bicudas e parte inferior das ás negra.
Subespecies Distínguense tres subespecies, que son:
C. c. cursor, (Latham, 1787): Illas Canarias, norte de África ata Iraq C. c. bogolubovi, (Zarudny, 1885): sueste de Turquía ata o noroeste da India C. c. exsul, (Hartert, 1920): Illas Cabo Verde
Taxonomía Na obra de Hayman Shorebirds trátase a forma do leste littoralis como unha raza do corredor somalí Cursorius somalensis en vez de do corredor sahariano. Algunhas autoridades consideran que o C. somalensis, o C. rufus e o C. cursor son conespecíficos.
Distribución
É unha especie característica de ambientes áridos subdesérticos, cuxa principal área de distribución mundial é a banda do Sahel e a península de Arabia.Urban et al., 1986; Del Hoyo et al., 1996 De maneira máis descontinua, tamén existen núcleos reprodutores en áreas ao norte do deserto do Sáhara, incluídas bioxeograficamente dentro da rexión Paleártica occidental.Perrins, 1998
Na Península Ibérica existen algunhas citas homologadas, predominantemente primaverais, costeiras e meridionais, incluíndo un caso confirmado de reprodución en Almería durante 2001.De Juana, 2006
As illas Canarias acollen unha significativa poboación residente de corredor sahariano, concentrada na súa práctica totalidade en Lanzarote e Fuerteventura.Martín e Lorenzo, 2001 Non obstante, no pasado tamén era localmente abundante no sur de Gran Canaria, pero terminou por extinguirse contra finais do século XX, debido á alteración ou completa eliminación das áreas semiesteparias desta illa. En Tenerife non hai probas claras da súa presenza como reprodutor, aínda que a especie é un visitante relativamente habitual das zonas máis áridas do sur da illa.
En Galicia é unha ave accidental rara.
É un migrador parcial, e os individuos do norte e noroeste invernan na India, Arabia e a marxe meridional do Sáhara. Algunhas aves tamén se reproducen nas rexións desérticas do noroesta da India e Paquistán. É raro que se desprace cara ao norte da súa área, pero citouse en latitudes tan setentrionais como Finlandia, Irlanda ou Gran Bretaña.
Reprodución Poñen dous ovos nun oco escarvado no chan. A estación reprodutora vai de febreiro a setembro,Maclean, G.L. 1996. Family Glareolidae (coursers and pratincoles). In: J. del Hoyo, A. Elliott & J. Sargatal (eds), Handbook of the Birds of the World (Vol. 3 - Hoatzin to Auks), pp. 364–383. Lynx Edicions, Barcelona. pero poden reproducirse tamén en outono e inverno cando as condicións locais (especialmente a chuvia) son favorables.Amezian, M., Bergier, P. & Qninba, A. 2014. Autumn-winter breeding by Cream-coloured Coursers Cursorius cursor is more common than previously reported. Wader Study Group Bulletin 121: 177-180.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía De Juana, E. 2006. Aves raras de España. Un catálogo de especies de presentación ocasional. Lynx Edicions. Barcelona. Del Hoyo, J., Elliot, A. e Sargatal, J. (Eds.) 1996. Hanbook of the birds of the world, Vol. 2. Lynx Edicions. Barcelona. Martín, A. e Lorenzo, J. A. 2001. Aves del archipiélago canario. Francisco Lemus Editor. La Laguna. Perrins, C. (Ed.) 1998. The complete birds of the Western Palearctic on CD-ROM. Oxford University Press. Oxford. Urban, E. K., Fry, C. H. e Keith, S. (Eds.) 1986. The birds of Africa,Vol. II. Academic Press. Londres.
Ligazóns externas
Fotos do corredor sahariano en Oiseaux.net
Categoría:Glareólidos Categoría:Animais descritos en 1787