Manrique Fernández Vázquez, nado en Sistallo (Cospeito) o 4 de xuño de 1965, é un escritor e xornalista galego. Traxectoria Licenciouse en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Exerceu toda a súa carreira profesional en Galicia en distintos medios de comunicación, tanto en prensa escrita como en radio, televisión e medios dixitais.

Foi director-xerente da Fundación Rogelio Groba. Colaborou co compositor Rogelio Groba Groba na redacción da súa biografía oficial, un libro de conversas, e na publicación de varios catálogos da súa obra. Tamén foi letrista de tres óperas (Floralba, Pedro Madruga, o noso Rei e unha adaptación do conto de Charles Perrault O gato con botas), así como do réquiem Samaín. Réquiem galego, a cantata Corpus en Ponteareas, e varias cancións.

Como animador cultural, colabora co Concello de Ponteareas na organización de numerosas actividades, como os Xogos Florais, a colección de libros Creadores ponteareáns ou o ciclo Venres D_letras, do que é coordinador dende o seu nacemento. Mantén o blog de recensións literarias O meu andel.

Obra Narrativa Crónicas de Embora ( 2014). Noia: Toxosoutos. ISBN 9788494301452. Relatos.

Tres feridas (2015). Vigo: Belagua. 168 páxs. ISBN 978-8494175152. Novela. Os anxos indecisos (2019). Vigo: Galaxia. 132 páxs. ISBN 978-84-9151-361-2. Relatos.

Poesía/Teatro Floralba (1999). Egasur. Inclúe o libreto da ópera do mesmo nome e o poema que a inspirou. Ponteareas máxica. Mitos, ritos e lendas (2002). Asociación de Comerciantes de Ponteareas. Ed. non venal. Inclúe varias lendas da zona relatadas en verso. 88 páxs. Hermes, aprendiz de mago (2017). Vigo: Galaxia. Teatro infantil. 112 páxs. ISBN 9788491510994.

Biografía/divulgación miniatura|Presentando O negociador de Miguel Sande, Pontevedra, 19 de outubro de 2022, Libraría CronopiosMeditacións en branco e negro (2000). Vigo: Xerais. Biografía de Rogelio Groba. Diabolus in musica (2011). Vigo: Galaxia. Conversas con Rogelio Groba. Rogelio Lorenzo, paleta de nove cores (2021). Concello de Ponteareas. Biografía de Rogelio Lorenzo.

Obras colectivas XVIII certame literario Manuel Oreste Rodríguez López. (Concello de Paradela, 2013).

Recoñecementos XVIII certame literario Manuel Oreste Rodríguez López (Concello de Paradela, 2013), polo relato "Mar Maior". Notas

Véxase tamén

Floralba, YouTube

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas de Cospeito Categoría:Nados en Cospeito Categoría:Nados en 1965 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid