Venancio Cibeira Rodríguez, nado en Tui en 1911 e finado no mesmo concello o 9 de decembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Veciño de Guillarei. Factor na estación ferroviaria do Porriño. Presidente da Sociedade Cultural Recreativa de Guillarei. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi multado a finais de agosto con 500 pesetas pola súa actitude respecto a forza armada. Detido e xulgado en Vigo por rebelión militar o 25 de novembro,El Pueblo Gallego, 25-11-1936, p. 4. foi condenado a pena de morte. Foi executado en Tui, na explanada traseira do edificio do Instituto o 9 de decembro de 1936 con Brasilino Álvarez Sobrino, Juliano Díez Álvarez, Adelaido Barredo Sueiro, Camilo Carrero Lorenzo, Manuel Vicente Portela, Francisco Lloret Gándara, Antonio Rodríguez Rodríguez, Francisco Fandiño Piñeiro e Manuel Gómez Besada.El Pueblo Gallego, 10-12-1936, p. 9.
Vida persoal
Casou en 1935 con Delia Andrés Páramos.El Pueblo Gallego, 24-5-1935, p. 12. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia
Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1936