Encarnación Fraga Padín, nada en Cambados o 11 de febreiro de 1908 e finada en 2000,Pintos (2016) foi unha química e farmacéutica galega.

Traxectoria Realizou estudos superiores na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela entre 1925 e 1930. Foi discípula de Isidro Parga Pondal, xunto a Amparo Arango Fernández e Dolores Lorenzo Salgado.

Dende abril de 1931 foi membro da Sociedad Española de Física y Química (SEFQ) e publicou nos Anales desta sociedade, xunto a Isidro Parga Pondal, o estudo “Quimismo de la pegmatita litinífera de Goyás (Lalín)”, realizado no Laboratorio de Xeoquímica do Instituto de Estudios Regionales da Universidade de Santiago.

Posteriormente, estudou a carreira de Farmacia e estivo á fronte dunha botica en Cambados, aínda que tamén exerceu como docente.

Tamén tivo vinculación co Seminario de Estudos Galegos en calidade de socia protectora.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Pintos, Xoana (2016): "As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960". Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela.

Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia.

Ligazóns externas

Mulleres no Seminario de Estudos Galegos no Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Nados en 1908 Categoría:Nados en Cambados Categoría:Finados en 2000 Categoría:Farmacéuticos de Galicia