Severiano Castillo Alonso, nado en Tui en 1904 e finado en Reboreda (Redondela) o 13 de setembro de 1936, foi un tipógrafo e político galego.

Traxectoria Tipógrafo no Porriño. Secretario da Casa do Pobo do Porriño. En maio de 1934 foi detido con Modesto Martínez Lemos, Albino Fernández Castro, Camilo Fernández Castro, Ventura Fernández Castro, Manuel Rodríguez Sequeiros, Saturnino Álvarez Sotelino, Evaristo Freiría Fernández e Atilano Fernández Gamallo, polos sucesos do apedreamento e rotura de cristais da igrexa parroquial do Porriño o 1 de maio, que deribou nun conflito con folga xeral e carga dos gardas de asalto.El Pueblo Gallego, 25-5-1934, p. 11. Xulgados en Pontevedra ante o Tribunal de Urxencia, foron absoltos.El País, 25-5-1934, p. 2.El Pueblo Gallego, 26-5-1934, p. 13.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. O Xulgado militar de Tui citouno para que se presentase a principios de setembro xunto con Eduardo Fernández Miniño, Evaristo Freiría Fernández, Antonio Alonso Ríos, Hermenegildo Losada Loureiro, Guillermo Vicente Santiago, Manuel Romero González, Ulpiano Benito Piña, José Felipe Muñoz, Jesús González González e José Bernardo Pérez Alonso.El Pueblo Gallego, 6-9-1936, p. 8. Foi detido no monte con Evaristo Freiría a finais de agosto. Torturado, foi asasinado no quilómetro 3 da estrada de Redondela-Fornelos na parroquia de Reboreda o 13 de setembro de 1936.

Vida persoal

Casou con Carmen Moreira, e foi pai de Floreal Liberto Castillo Moreira.El Pueblo Gallego, 12-5-1935, p. 14. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Tui

Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos