Víctor Arufe Giráldez, nado en Santiago de Compostela o 24 de agosto de 1979, é un escritor e profesor universitario e investigador galego.

Traxectoria Pasa a súa infancia no compostelán barrio de Vite, estudando no Colexio Público de Vite e no IES Xelmírez II. Ao rematar o Bacharelato cursa os estudos de Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas no IES Rosalía de Castro e posteriormente múdase a Pontevedra para facer a Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e Deportiva na Universidade de Vigo. Durante varios anos reside no Porto para rematar a súa tese doutoral que combina coa realización dun mestrado de Alto Rendemento Deportivo do Comité Olímpico Español e a Universidade Autónoma de Madrid e un posgrao de experto en Adestramento Deportivo na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). No ano 2002 publicou a súa primeira obra coa editorial galega edicións Lea. Nesta obra iníciase a súa carreira no eido da investigación no ámbito da psicomotricidade, Educación Física e deporte en idade escolar, publicando preto de 100 artigos científicos e diferentes obras, participando ademais en múltiples proxectos de investigación.

No 2008 acada unha praza de profesor na Universidade da Coruña na Facultade de Educación, onde exerce como docente na actualidade.

É autor dun blog sobre Educación, Innovación e Emprendemento no cal publica artigos de interese para a comunidade educativa. Recibiu numerosos premios vinculadas a boa práctica docente, entre os que destacan o Premio EDUCA ABANCA Mellor Docente de España 2017 e o Premio SIMO Educación Mellor Experiencia de Innovación e Gamificación educativa 2019.

Numerosos medios de comunicación fixéronse eco das metodoloxías innovadoras utilizadas co seu alumnado, entre as que destacan Aprendizaxe-Servizo , gamificación ou adaptacións didácticas de famosos programas de TV como MasterChef (España), Peking Express , First Dates , series famosos como La casa de papel ou de videoxogos como Fortnite ou Clash Royale .

No eido da investigación dirixe a Unidade de Investigación no Deporte Escolar, Educación Física e Psicomotricidade e fundador e editor xefe da revista científica Sportis indexada en numerosas bases de datos internacionais.

Participa nalgúns casos de forma ocasional, e noutros periodicamente, como convidado experto para a divulgación de coñecemento no eido da educación en diferentes portais e medios de comunicación, colaborando co diario El Debate de Hoy, o programa de radio Voces da Coruña de Radio Voz , o diario ABC , ou Faro de Vigo entre outros.

Obras

Ensinanza e xogos de predeporte para nenos de curtas idades.(2002) Edicións Lea La construcción del deportista desde la infancia (2012). Sportis. La educación por escenarios. Niños educados 24 horas al día 365 días al año. (2018). Educa. Propuestas pedagógicas en la etapa de 0 a 6 años (2021). Editorial INDE. Conecta con tu alumnado. Estrategias para crear un clima agradable en el aula y promover el éxito académico y emocional (2023). Educa. Empieza Hoy. 25 acciones para tomar el control de tu vida (2024) . Educa. Educación Física. Guía completa para docentes (2025). Educa

Premios recibidos

1º Premio EDUCA ABANCA Mellor Docente de España. Categoría Universidade. 2017. 1º Premio SIMO Educación Mellor Experiencia de Innovación e Gamificación educativa 2019 9º Finalista Premio EDUCA ABANCA Mellor Docente de España. Categoría Universidade 2019. 1º Premio SIMO Educación Mellor Experiencia Innovadora de Educación Superior 2020 1º Premio SIMO Educación Mellor Experiencia de Sostenibilidade 2024

Notas

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes