miniatura|Maqueta dun satñelite Prognoz. Prognoz foi o nome dunha serie de satélites científicos soviéticos para o estudo do Sol e a súa interacción coa Terra.
Características Os satélites Prognoz divídense á súa vez en dúas familias: os Prognoz SO (as tres primeiras unidades de satélites Prognoz) e os Prognoz SO-M (o resto de satélites). A forma xeral dos satélites era a mesma: estaban formados por unha estrutura principal cilíndrica de 2 m de diámetro e 0,925 m de altura con tapas esféricas que acollía a instrumentación e o equipamento. Os sensores e medidores atopábanse na superficie externa da estrutura e a enerxía era proporcionada por catro paneis solares que alimentaban unhas baterías. Os Prognoz SO tiñan unha masa duns 845 kg, mentres que os SO-M variaban entre 900 e 1000 kg. Estabilizábanse mediante xiro, apuntando ao Sol.
Lanzáronse dez satélites Prognoz, todos mediante foguetes Molniya M, entre 1972 e 1985. Prognoz 10 foi tamén coñecido como Interkosmos 23 ao levar instrumentación de Checoslovaquia no marco do programa Interkosmos.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasPrognoz 1 (SO)14 de abril de 1972Molniya MÉxitoPrognoz 2 (SO)29 de xuño de 1972Molniya MÉxitoPrognoz 3 (SO)15 de febreiro de 1973Molniya MÉxitoPrognoz 4 (SO-M)22 de decembro de 1975Molniya MÉxitoPrognoz 5 (SO-M)25 de novembro de 1976Molniya MÉxitoPrognoz 6 (SO-M)22 de setembro de 1977Molniya MÉxitoPrognoz 7 (SO-M)30 de outubro de 1978Molniya MÉxitoPrognoz 8 (SO-M)25 de decembro de 1980Molniya MÉxitoPrognoz 9 (SO-M)1 de xullo de 1983Molniya MÉxitoPrognoz 10 (SO-M), Interkosmos 2326 de abril de 1985Molniya MÉxito
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Molniya M
Categoría:Satélites artificiais