Maria da Graça Xuxa Meneghel, nada en Santa Rosa o 27 de marzo de 1963,O apelido Xuxa foi incorporado oficialmente ao nome da presentadora no seu rexistro civil en 1988. máis coñecida como Xuxa, é unha presentadora, actriz, cantante, empresaria, filántropa e modelo brasileira. Coñecida como "Rainha dos Baixinhos", Xuxa construíu o maior imperio de entretemento infantil e xuvenil iberoamericano. No inicio da década de 1990, chegou a presentar programas de televisión no Brasil, a Arxentina, España e os Estados Unidos simultaneamente, alcanzando preto de cen millóns de telespectadores diariamente.

Como cantante, publicou 35 álbums de estudio e 23 álbums de vídeo que venderon máis de 50 millóns de exemplares, converténdose nunha dos músicos que máis discos venderon no mundo. Os álbums Xou da Xuxa (1986), Xegundo Xou da Xuxa (1987), Xou da Xuxa 3 (1988) e 4.º Xou da Xuxa (1989) están entre os álbums máis vendidos na historia da industria fonográfica brasileira, sendo que o terceiro foi considerado o álbum infantil máis lucrativo de todos os tempos pola Guinness World Records. Ao longo da súa carreira musical, recibiu dous Grammys dun total de seis candidaturas. Xuxa é a actriz de maior media de público dende a retomada do cinema brasileiro, con máis de 37 millónss de espectadores. Lua de Cristal (1990), o seu filme de maior recadación, vendeu 4,1 millóns de entradas, sendo un dos filmes brasileiros máis comercial.

En setembro de 2019 o seu patrimonio líquido foi estimado en 169 millóns de dólares estadounidenses, o que a colocou como a 11.ª artista feminina máis rica do mundo. Xuxa tamén foi escollida pola publicación estadounidense Forbes, en 1991 e 1993, como unha das celebridades mellor pagadas no mundo, a primeira latinoamericana que entrou na listaxe.

Filmografía Televisión Ano Título Cargo / Personaxe Notas 1982 Elas por Elas Ieda (no seu soño) Episodio: "12 de setembro" 1983–86 Clube da Criança Presentadora 1985 Xuxa e Seus Amigos Ela mesma Especial de fin de ano 1986–92 Xou da Xuxa Presentadora1988 Chico Anysio Show Escadinha Rolante Episodio: "25 de setembro" Grupo Escolacho Lindona Especial de fin de ano1989 Bobeou, Dançou Presentadora Os Trapalhões Moleque Tunico Episodio: "19 de junho" 1989–10 Xuxa Especial de Natal Varias personaxes Especiais de fin de ano (anual) 1991–93 El Show de Xuxa Presentadora 1991 Xuper Star Varias personaxes Especial de vacacións 1992 Paradão da Xuxa Presentadora 1992 Xuxa Park 1993 Xuxa 1993 Xuxa 1994 Sonho Meu Ela mesma Episodio: "14 de maio" 1994–01Xuxa Park Presentadora 1995 Xuxa Hits 1995 TV Colosso Especial Ela mesma Especial de fin de ano 1997–02 Planeta Xuxa Presentadora 1999 Torre de Babel Ela mesma Episodio: "10 de agosto" Pecado Capital Ela mesma Episodio: "20 de dezembro" 2002–04Xuxa no Mundo da Imaginação Presentadora 2005–14 TV Xuxa 2006 Sob Nova Direção Ela mesma Episodio: "Presença de Paquita" 2006 Xuxa 20 Anos Especial de fin de ano 2008 Conexão Xuxa Presentadora 2011 Ti Ti Ti Ela mesmaXuxa grava participação especial em "Ti-Ti-Ti" Episodio: "12 de fevereiro" 2012 As Brasileiras RitaXuxa fará participação na série 'As Brasileiras', diz jornal Episodio: "A Fofoqueira de Porto Alegre" Cheias de Charme Ela mesma Episodio: "5 de setembro" 2013 Guerra dos Sexos Teresinha Romano Episodio: "26 de abril" 2015–16 Xuxa Meneghel Presentadora2015Os Dez MandamentosFiguraciónEpisodio "10 de novembro" 2017–19 Dancing BrasilPresentadora 2019 Geração Xuxa 2019–20 The Four Brasil2020Canta Comigo All StarsEspecial de fin de ano

Cinema Ano Título Personaxe 1982 Amor Estranho Amor Tamara 1983 Fuscão Preto Diana O Trapalhão na Arca de Noé Guardiã 1984 Os Trapalhões e o Mágico de Oróz Aninha 1985 Os Trapalhões no Reino da Fantasia Irmã Maria 1988 Super Xuxa Contra Baixo Astral Super Xuxa 1989 A Princesa Xuxa e os Trapalhões Princesa Xaron 1990 Lua de Cristal Maria da Graça O Mistério de Robin Hood Tatiana / Moleque 1991 Gaúcho Negro Ela mesma 1999 Xuxa Requebra Helena Oliveira (Nena) 2000 Xuxa Popstar Nicole Vegas (Nick) 2001 Xuxa e os Duendes Kira / Duende de Luz 2002 Xuxa e os Duendes 2: No Caminho das Fadas Kira / Duende da Luz 2003 Xuxa Abracadabra Sofia 2004 Xuxa e o Tesouro da Cidade Perdida Bárbara (Babi) / Deusa Blomma 2005 Xuxinha e Guto Contra os Monstros do Espaço Ela mesma / Narradora2006Xuxa Gêmeas Mel Montiel / Margareth Dourado Elizabeth Dourado 2007 Xuxa em Sonho de Menina Érica Cristina (Kika) 2009 Xuxa em O Mistério de Feiurinha Cinderela 2016 Porta dos Fundos: Contrato Vitalício Ela mesma

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados no estado do Río Grande do Sur Categoría:Nados en 1963 Categoría:Presentadores de televisión do Brasil Categoría:Actores do Brasil Categoría:Cantantes do Brasil Categoría:Empresarios do Brasil Categoría:Modelos femininas do Brasil Categoría:Brasileiros de ascendencia alemá Categoría:Brasileiros de ascendencia italiana‎ Categoría:Brasileiros de ascendencia suíza Categoría:Activistas do Brasil