Juan de Sola Vollbrecht, nado en Madrid o 30 de xuño de 1970, é un xornalista galego.
Traxectoria Fixo estudos de Traballo Social e Filoloxía Hispánica na Universidade Nacional de Educación a Distancia.
Ao longo da súa traxectoria estivo vinculado a Radio España Vigo, Radio Municipal de Tui, Antena Louro Radio (O Porriño) ou Radio ECCA.
Foi correspondente da Axencia EFE en Pontevedra. Desde o 2017 é asesor internacional de AMARC ALC. En 2023 creou a ONG BIG Radio. E, no ano 2008, fundou e foi presidente da organización non gobernamental AGARESO, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social.AGARESO Impulsou o proxecto de radio do Centro penitenciario da Lama, premiado coa Medalla ó Mérito Penitenciario (2009). Participou en diferentes proxectos de cooperación e en países como a Arxentina, o Uruguai, Marrocos, Ecuador, Guinea Ecuatorial, O Salvador, Nicaragua ou Honduras.
Está integrado na redacción de programas e informativos en Onda Cero Galicia. Coordina tamén o programa ContraparteContraparte Onda Cero., dedicado ós dereitos humanos e a solidariedade. Escribe periodicamente no seu blog.http://juandesola.org e PontevedraViva
Obra escrita publicada Entre los muros del olvido (2025). Libros del Futuro. La cara más dura de la esperanza (2014). Libros del futuro.
Recoñecementos Medalla o Mérito Penitenciario (2009). Ministerio do Interior. Folla de Prata (2007). Concello de Cambados. Mención Especial Agara. Asociación Radiodifusión Galega. III Edición Premio Nacional Daphne (2000).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1970 Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia