O Mozo Azul (en inglés: The Blue Boy) é unha pintura ao óleo realizada por Thomas Gainsborough arredor de 1770.

Historia miniatura|esquerda|Retrato de Carlos II de neno, de Van Dyck O Mozo Azul é a obra máis famosa de Gainsborough e crese que é un retrato de Jonathan Buttall (1752-1805), fillo dun rico comerciante, aínda que non chegou a ser demostrado. Trátase dun retrato, á vez que un estudo histórico do vestiario dos mozos do século XVIII. Considérase que foi unha homenaxe de Gainsborough a Anton van Dyck; en particular está moi próximo ao retrato de Carlos II cando era neno realizado por Van Dyck, e que seguramente Gainsborough descubriu xunto coa pintura de Rubens nas coleccións do castelo de Wilton que visitou co seu amigo e mecenas Philip Thicknesse.

Hai indicios de que Gainsborough xa pintara algo no lenzo antes de comezar O Mozo Azul. A pintura está realizada nun lenzo bastante grande para un retrato, pois mide 177,8 cm de altura por 112,1 cm de largo. Atópase na  Biblioteca Huntington, en San Marino, California.

Joshua Reynolds ante a vista do retrato, escribiu:

Percorrido da pintura A pintura estivo en posesión de Jonathan Buttall, ata que se declarou en bancarrota en 1796. Foi comprada entón polo político John Nesbitt e en 1802, polo retratista John Hoppner. Arredor de 1809, O Mozo Azul entrou na colección do conde de Grosvenor onde se conservou ata que un dos seus descendentes, o segundo duque de Westminster o vendeu ao mercador de arte Joseph Duveen en 1921."Duveens offer a Reynolds to Louvre," New York Times, 19 de outubro de 1921

En 1919, o cadro inspirou o produtor de cinema alemán Friedrich Wilhelm Murnau para realizar o seu debut como director con Der Knabe in Blau.

Nunha medida que provocou unha protesta pública en Gran Bretaña, foi vendido ao empresario Henry Edwards Huntington da American Railway por 728800 dólares, segundo o acordo co marchante Duveen, un prezo entón récord para calquera pintura.Thorpe, James Ernest, Henry Edwards Huntington, A Biography, Berkeley: University of California Press, 1994, p. 438. De acordo cunha nova en The New York Times, do 11 de novembro de 1921, o prezo de compra foi de 640 000 dólares, uns oito millóns de 2010. Antes da súa partida a California en 1922, O Mozo Azul foi exposto brevemente na National Gallery de Londres, onde foi visto por unhas 90 000 persoas, e o director da Galería, Charles Holmes, escribiu unhas palabras de despedida na parte posterior da pintura: «Au Revoir, C.H.» 

Foi este cadro o que inspirou o artista pop Robert Rauschenberg á súa dedicación á arte da pintura. Atópase colocada na Biblioteca de Huntington enfronte do cadro Pinkie do pintor Thomas Lawrence.

Na cultura popular No filme de Quentin Tarantino Django Unchained, a personaxe principal, Django, un escravo liberado, escolle un traxe idéntico ao que leva o protagonista de O Mozo Azul.

A pintura vese no filme Batman (1989) colgada no museo de Gotham e de novo en Joker, nunha versión pequena no apartamento do Joker.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas BLUEBOY by Thomas Gainsborough 1727-1788

Categoría:Obras pictóricas Categoría:Arte do Reino Unido Categoría:Século XVIII