Garrett Erin Reisman, nado en Nova Jersey o 10 de febreiro de 1968, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-123, STS-124 e STS-132 e foi membro das expedicións 16 e 17 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Reilly graduouse en economía pola Universidade de Pensilvania en 1991, en enxeñaría mecánica pola mesma universidade en 1991, é máster na mesma materia polo Instituto de Tecnoloxía de California en 1992 e ten un doutoramento na mesma materia polo mesmo instituto en 1997.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 1998, participando nas misións STS-123, STS-124 e STS-132 e sendo membro das expedicións 16 e 17 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 107,14 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-123 STS-124 STS-132 Expedición 16 Expedición 17 Estación Espacial Internacional

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Nova Jersey