Thomas Arthur Reiter, nado en Frankfurt o 23 de maio de 1958, é un astronauta alemán que formou parte das misións STS-116, STS-121 e Soiuz TM-22 e foi membro das expedicións 13 e 14 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Reiter graduouse en tecnoloxía aeroespacial pola Universidade de Neubiberg/Munich, onde ten tamén un doutoramento honorario. Foi seleccionado como astronauta pola ESA en 1992, participando nas misións STS-116, STS-121 e Soiuz TM-22 e sendo membro das expedicións 13 e 14 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 350,23 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-116 STS-121 Soiuz TM-22 Expedición 13 Expedición 14 Estación Espacial Internacional
Categoría:Astronautas de Alemaña Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Frankfurt