miniatura|dereita| Un nevo localizado no brazo Nevo (plural nevos, do latín nævus, plural nevi) é o termo médico que describe unha lesión na pel popularmente coñecida como mancha, pinta ou sinal.

En latín, o termo nævus significa marca de nacenza. No entanto, en dermatoloxía, o termo nevo é usado tanto para manchas conxénitas (observadas no momento do nacemento) canto para manchas adquiridas (observadas após o nacemento).

Os nevos son sempre benignos. Non obstante, cerca de 1/3 dos melanomas (un tipo de cancro de pel) son orixinarios dun nevo preexistente.

Clasificación

Nevos melanocíticos É común usar o termo nevo como sinónimo de nevo melanocítico que é formado por melanocitos.

Nevo melanocítico conxénito: é o nevo melanocítico presente no nacemento ou as primeiras semanas após o nacemento. Nevo melanocítico adquirido: é o nevo melanocítico xorde após algúns meses de vida. Nevo displástico: é o nevo melanocítico adquirido que posúe formacións anormais semellantes ás encontradas no melanoma.

alt=|miniatura|Nevo melanocítico

Nevos vasculares Hemanxioma

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cancro de pel

Ligazóns externas

Sociedade Brasileira de Dermatologia (SBD) - Como identificar o cancro de pel Sociedade Brasileira de Dermatologia (SBD) - Coidados coa pel

Categoría:Dermatoloxía