Overlord é un filme estadounidense de terror e acción de 2018 dirixido por Julius Avery e escrito por Billy Ray e Mark L. Smith. Está protagonizado por Jovan Adepo, Wyatt Russell, Mathilde Ollivier, John Magaro, Gianny Taufer, Pilou Asbæk, Bokeem Woodbine e Iain De Caestecker. Foi producido por J. J. Abrams a través da compañía Bad Robot Productions, e Lindsey Weber. Conta a historia de varios soldados estadounidenses que son lanzados detrás das liñas inimigas o día antes do desembarco de Normandía e descobren experimentos nazis secretos.
Overlord estreouse nos Estados Unidos o 9 de novembro de 2018 a través de Paramount Pictures. O filme recadou 41 millóns de dólares sobre un orzamento de 38 millóns.
Personaxes Jovan Adepo como soldado de primeira clase Edward Boyce Wyatt Russell como cabo Lewis Ford Pilou Asbæk como capitán Wafner Mathilde Ollivier como Chloe Laurent John Magaro como soldado de primeira clase Lyle Tibbet Bokeem Woodbine como sarxento Rensin Iain De Caestecker como soldado Morton Chase Dominic Applewhite como soldado de primeira clase Jacob Rosenfeld Gianny Taufer como Paul Laurent Jacob Anderson como soldado de primeira clase Charlie Dawson Erich Redman como Dr. Schmidt Patrick Brammall como oficial estadounidense Mark McKenna como soldado de primeira clase Murphy
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Julius Avery Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes sobre o exército dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes producidos por J. J. Abrams Categoría:Filmes de Bad Robot Productions