, nado en Tsuwano o 20 de marzo de 1926 e finado o 24 de decembro de 2020, foi un ilustrador e escritor de libros infantís xaponés, coñecido porlos seus libros de ilustracións con poucas ou ningunha palabra. Recibiu o premio Hans Christian Andersen en 1984 polas súas "duradeiras achegas á literatura infantil".

Traxectoria Anno naceu e medrou en Tsuwano, nunha pequena vila da prefectura de Shimane. Como estudante dun instituto rexional estudou arte, debuxo e os escritos de Hermann Hesse.

Durante a segunda guerra mundial reclutárono no exército xaponés. Logo da guerra obtivo un título na Escola de formación de profesores Yamaguchi (predecesora da Universidade de Yamaguchi) en 1948. Ensinou matemáticas durante dez anos nunha escola primaria de Tokyo antes de comezar a súa carreira como ilustrador de libros infantís.

Anno viviu no Xapón coa súa muller, Midori. Tiveron dous fillos, Masaichiro e Seiko. Morreu o 24 de decembro de 2020 dunha cirrose hepática.

Notas

Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Escritores do Xapón Categoría:Ilustradores do Xapón