O Trofeo Teresa Herrera de 1973 foi a 28ª edición do torneo. Celebrouse na Coruña entre o 3 e o 5 de agosto de 1973. O campión foi o Atlético de Madrid, que derrotou na final por 2-1 ao Spartak Trnava checoslovaco.Datos da final en rsssf.com

O torneo abriuse coa primeira semifinal que enfrontou ao Atlético de Madrid co Újpest Dózsa, gañando o equipo madrileño por 4-2. Na outra semifinal o Spartak Trnava remontou os tres goles iniciais do Ajax de Ámsterdam para gañar por 3-5. Os neerlandeses, tricampións de Europa, perderon tamén contra Újpest Dózsa no partido polo terceiro posto, nun partido resolto a penaltis.

A final rematou con empate a cero goles no tempo regulamentario, precisándose de dúas prórrogas ata que Gárate desfixo o empate a favor dos atléticos no minuto 137, no partido máis longo da historia do torneo. Francisco Franco, presente no estadio, entregoulle o trofeo ao capitán do equipo branquivermello, Luis Aragonés. O húngaro Ferenc Bene levou o premio ao mellor xogador do torneo.

O coro Cántigas da Terra realizou unha actuación no descanso da final.

Participantes Atlético de MadridCampión da liga española 1972/73 AjaxCampión da Eredivisie 1972/73 e das 3 últimas Copas de Europa Újpest DózsaCampión das 5 últimas ligas húngaras Spartak TrnavaCampión das 3 últimas ligas checoslovacas

Resultados

Partidos Primeira semifinal

Titulares: Reina Melo Ovejero Capón Bermejo Benegas Ufarte Luis Aragonés Gárate Irureta BezerraSubstitucións: Alberto Eusebio Adestrador: Juan Carlos LorenzoTitulares: Szentmihályi Noskó Harsányi Nagy Dunai III Horváth Fazekas Tóth Bene Dunai II ZámbóSubstitucións: Kellner Adestrador: Gyula Szűcs

Segunda semifinal

Titulares: Stuy Blankenburg Schilcher Hulshoff Krol Haan Neeskens Rep G. Mühren Cruyff KeizerSubstitucións: A. Mühren Adestrador: KnobelTitulares: Kéketi Dobiaš Majerník Hagara Varadín Hrušecký Martinkovic Krajcovic Kuna Adamec Kabát Substitucións: Kramlik Adestrador: Malatinský

Partido polo terceiro posto

Titulares: Szentmihályi Kolár Harsányi Nagy Dunai III Horváth Hegyi Tóth Bene Kellner ZámbóSubstitucións: Dunai II Noskó Adestrador: Gyula SzűcsTitulares: Wever Suurbier Hulshoff Blankenburg Krol Neeskens G. Mühren Haan Rep Cruyff KeizerAdestrador: Knobel

Final

Titulares: Reina Melo Eusebio Capón Adelardo Benegas Ufarte Luis Aragonés Gárate Irureta BezerraSubstitucións: Alberto Bermejo Adestrador: Juan Carlos LorenzoTitulares: Kéketi Dobiaš Majerník Hagara Varadín Hrušecký Martinkovic Krajcovic Kuna Adamec KramlikAdestrador: Malatinský

Notas

Categoría:Fútbol en 1973 1973 Categoría:1973 en Galicia