é unha compañía de desenvolvemento de videoxogos xaponesa, máis coñecida por desenvolver a serie de videoxogos de Pokémon distribuídos por Nintendo.
Historia Antes dunha compañía de videoxogos, Game Freak foi unha publicación propia de videoxogos creada por Satoshi Tajiri e Ken Sugimori na década de 1980. Tajiri escribiu e editou os textos e Sugimori facía as ilustracións. Tajiri tamén usou "Game Freak" como pseudónimo cando escribía como independente para publicacións como Family Computer Magazine e Famicom Tsūshin.
O 26 de abril de 1989, Tajiri, Sugimori e Junichi Masuda fundaron unha compañía de desenvolvemento de videoxogos co mesmo nome. Un dos primeiros xogos de Game Freak foi o videoxogo de acción e crebacabezas para Nintendo Entertainment System Quinty, que se estreou en América do Norte como Mendel Palace. A súa serie máis popular, Pokémon— unha romanización da marca xaponesa — é publicada e distribuída respectivamente por The Pokémon Company e Nintendo en todo o mundo.
En outubro de 2015, Game Freak mercou Koa Games, unha compañía de desenvolvemento de móbiles. En maio de 2019, o director de Game Freak Masayuki Onoue desvelou que Game Freak preorizou a creación de videoxogos orixinais co obxectivo de facer medrar a experiencia do seu persoal. A iniciativa da compañía Gear Project, que anima ós creadores a presentar ideas de xogos orixinais durante os períodos tranquilos, ata agora deu lugar a xogos orixinais como HarmoKnight, Pocket Card Jockey, Tembo the Badass Elephant e Giga Wrecker.
Xogos + Lista de videoxogos desenvolvidos por Game Freak Ano Título Publicador Platforma(s) 1989 Mendel Palace NamcoXAP, Hudson SoftAN Nintendo Entertainment System 1991 Smart Ball Epic/Sony RecordsXAP, Sony ImagesoftAN Super Nintendo Entertainment SystemYoshi Nintendo NES, Game Boy1992 Magical Tarurūto-kun SEGA Mega Drive1993Mario & WarioNintendoSuper Famicom1994Nontan to Issho: KuruKuru PuzzleVictor EntertainmentGame Boy, Super FamicomPulsemanSEGAMega Drive1996Pokémon Red e BlueNintendoGame BoyBazaar de Gosāru no Game de GosāruNEC Home ElectronicsPC Engine CD-ROM²1997Bushi Seiryūden: Futari no YūshaT&E SoftSuper Famicom1998Game Boy CameraNintendoGame BoyPokémon Yellow1999Click MedicSony Music Entertainment JapanPlayStationPokémon Gold e SilverNintendoGame Boy Color2000Pokémon Crystal2002Pokémon Ruby e SapphireNintendoThe Pokémon CompanyGame Boy Advance2004Pokémon FireRed e LeafGreen Pokémon Emerald2005Drill DozerNintendo2006Pokémon Diamond e PearlNintendoThe Pokémon CompanyNintendo DS2008Pokémon Platinum2009Pokémon HeartGold e SoulSilver2010Pokémon Black e White2012Pokémon Black 2 e White 2HarmoKnightNintendoNintendo 3DS2013Pocket Card JockeyGame FreakXAP, NintendoInternacionalNintendo 3DS, iOS, AndroidPokémon X e YNintendoThe Pokémon CompanyNintendo 3DS2014Pokémon Omega Ruby e Alpha Sapphire2015Tembo the Badass ElephantSEGAXbox One, PlayStation 4, Windows2016Pokémon Sun e MoonNintendoThe Pokémon CompanyNintendo 3DS2017Giga WreckerRising Star GamesWindowsPokémon Ultra Sun e Ultra MoonNintendoThe Pokémon CompanyNintendo 3DS2018Pokémon QuestNintendo Switch, iOS, AndroidPokémon Let's Go, Pikachu! e Let's Go, Eevee!Nintendo Switch2019Giga Wrecker AltRising Star GamesPlayStation 4, Xbox One, Nintendo SwitchLittle Town HeroDixital: Game FreakTenda: NIS AmericaInternacional, Rainy FrogXAPNintendo Switch, PlayStation 4, Windows, Xbox OnePokémon Sword e ShieldNintendoThe Pokémon CompanyNintendo Switch
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Empresas fundadas en 1989 Categoría:Empresas do Xapón Categoría:Pokémon