Judith Arlene Resnik, nada en Ohio o 5 de abril de 1949 e finada o 28 de xaneiro de 1986 no accidente do transbordador espacial Challenger, foi unha astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-41-D e STS-51-L.

Traxectoria Resnik graduouse en enxeñaría eléctrica pola Universidade Carnegie-Mellon en 1970 e tiña un doutoramento na mesma materia pola Universidade de Maryland en 1977.

Foi seleccionada como astronauta pola NASA en xaneiro de 1978, participando nas misións STS-41-D e STS-51-L e falecendo nesta última durante a engalaxe do transbordador espacial Challenger.

Carreira Despois de graduarse en Carnegie Mellon, traballou como enxeñeira de deseño en proxectos de mísis e radares en RCA Corporation ​ e gañou o Premio ao Programa de Estudos de Posgrao. Realizou o deseño de circuítos para a división de mísiles e radares de superficie. No seu período con RCA traballou para a Armada estadounidense construíndo circuítos integrados feitos a medida para os sistemas de control de radar de antenas en fase e logo desenvolveu compoñentes electrónicos e software para os programas de sistemas de telemetría e foguetes sonda da NASA. Un artigo académico que escribiu sobre circuítos integrados de propósito especial chamou a atención da NASA .Women Spacefarers: Sixty Different Paths to Space Umberto Cavallaro, Springer 2017, p. 29​

En 1977, cualificouse como piloto de aviación profesional mentres completaba o seu doutoramento. Despois de unirse á NASA, pilotou o Northrop T-38 Talon. O astronauta Jerome Apt describiuna como “unha excelente piloto e unha magnifica operadora no espazo”​.

Cando traballaba no seu doutoramento, tamén colaborou como membro investigador en enxeñería biomédica no Laboratorio de Neurofisiología dos Institutos Nacionais de Saúde de 1974 a 1977. ​ Foi enxeñeira de sistemas sénior de Xerox Corporation en desenvolvemento de produtos en California.

En xaneiro de 1978, foi recrutada aos 28 anos no Corpo de Astronautas da NASA, unha das seis mulleres seleccionadas de entre 8.000 solicitantes. O programa para atopar mulleres astronautas foi desenvolto pola actriz Nichelle Nichols, quen ofreceu o seu tempo como voluntaria.

Ao unirse ao programa de astronautas da NASA, adestrou intensamente e con gran determinación, enfocándose particularmente na súa condición física. Sentiuse profundamente decepcionada cando non se converteu na primeira muller estadounidense no espazo. Durante o adestramento, asumiuse que ela ou Sally Ride converteríanse na primeira muller no espazo, xa que eran as únicas aprendices que recibían "o tipo de asignacións técnicas que realmente as preparaban para o voo", como o traballo de RMS e as tarefas de CAPCOM.

O seu primeiro voo espacial foi na viaxe inaugural do transbordador Discovery na misión STS-41-D de agosto a setembro de 1984 como especialista de misión. Os seus deberes incluían operar o brazo robótico do transbordador, ​que axudou a crear e no que era unha experta. Ela despregou e realizou experimentos nun arranxo de paneis solares como unha forma potencial futura de xerar enerxía eléctrica adicional durante as misións espaciais. Despois de realizar numerosas probas dinámicas, concluíu que o experimento se comportou moi ben e coincidiu con simulacións terrestres do arranxo. Avogou polos beneficios da tecnoloxía de paneis solares, particularmente para o seu uso futuro na alimentación de estacións espaciais. Mentres se sometía ao intensivo adestramento do programa de astronautas da NASA, Resnik traballou na investigación do principio de sistemas orbitais, software de voo e o desenvolvemento de sistemas de control manual de naves espaciais. Desenvolveu o software e os procedementos operativos para o Sistema de Manipulación Remota; ademais do software dos sistemas de despregadura para o sistema de satélites atados,así como tamén traballou no desenvolvemento de orbitadores e creou outros programas computacionais experimentais para ser usados en futuras misións.

Foi a segunda muller estadounidense no espazo, despois de Sally Ride, e a cuarta en xeral. Tamén foi a primeira astronauta xudía estadounidense, a primeira muller xudía e, ata ese momento, a segunda persoa xudía en ir ao espazo (despois de Boris Volynov da Unión Soviética).

En 1988 a Unión Astronómica Internacional nomeou un cráter na súa honra, o cráter Resnik.Altschuler e Ballesteros (2016)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Daniel Roberto Altschuler e Fernando J. Ballesteros (2016). Las mujeres de la Luna. Historias de amor, dolor y valor. Editorial: Next Door Publishers e Jot Down Books (Colección El café Cajal). ISBN: 978-84-944435-4-1

Outros artigos Mulleres na NASA Mulleres no espazo STS-41-D STS-51-L

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Ohio Categoría:Finados en 1986 Categoría:Alumnos da Universidade Canergie-Mellon Categoría:Alumnos da Universidade de Maryland Categoría:Finados na exploración espacial