A segmentación semántica consiste en dividir unha imaxe dixital en varias rexións (grupos de píxeles) chamados segmentos. Máis especificamente, a segmentación é un proceso de clasificación de píxeles que asigna unha categoría a cada píxel da imaxe analizada.

O obxectivo da segmentación é localizar rexións significativas. A segmentación úsase tanto para localizar obxectos como para atopar os seus bordos dentro dunha imaxe. O resultado de segmentar unha imaxe é un conxunto de segmentos que cobren toda a imaxe sen superpoñerse. Pode representarse como unha imaxe de etiqueta (unha etiqueta por cada píxel) ou como un conxunto de contornos. miniatura|Exemplos de segmentación de obxectos

Aplicacións da segmentación semántica Algunhas das aplicacións prácticas da segmentación de imaxes son:

Visión artificial.

Detección de obxectos (rostros, persoas, animais etc.). Sistemas de control de tráfico. Videovixilancia.

As aplicacións da segmentación semántica son moitas e son clave para o desenvolvemento da intelixencia artificial. De xeito que cada día hai novos usos na segmentación de obxectos como parte da visión artificial.

Notas

Véxase tamén

Robótica

Ligazóns externas

Robotics, Machine Learning & Computer Vision

Understanding semantic segmentation

Categoría:Intelixencia artificial